O antíxeno asociado á función do linfocito 1, tamén chamado LFA-1 é unha molécula da superficie celular importante na función inmunitaria. Encóntrase na superficie de todos os linfocitos T e B, macrófagos e neutrófilos e está implicado no recrutamento de células ao sitio de infección. O LFA-1 únese ao ICAM-1 da célula presentadora de antíxenos e funciona como unha molécula de adhesión tipo integrina. O LFA-1 é o primeiro que une as células T coas células presentadoras de antíxenos e inicialmente a unión é feble. Un sinal do receptor das células T e/ou o receptor de citocinas cambia a súa conformación e prolonga o contacto celular, o que capacitará á célula T para proliferar.
O LFA-1 forma parte da familia das integrinas de leucocitos, cuxos membros se recoñecen por ter cadeas β comúns (β2, CD18). O LFA-1 tamén ten unha cadea α específica (αL, CD11a). O conxunto do CD18 e o CD11a forman o LFA-1.
Tamén pode ter un papel na infección de células por certos virus, como o VIH.Hioe CE, Chien PC Jr, Lu C, Springer TA, Wang XH, Bandres J, Tuen M. LFA-1 expression on target cells promotes human immunodeficiency virus type 1 infection and transmission. J Virol. 2001 Jan;75(2):1077-82. PMID 11134324.
Notas
Véxase tamén Outros artigos deficiencia de adhesión do leucocito CD11a CD18 Bibliografía
Janeway, Travers, Walport, Shlomchik (2005). Immunobiology. 6th ed. Nova York: Garland Science. Parham, Peter (2009). The Immune System. 3rd ed. Londres e Nova York: Garland Science.
Ligazóns externas MeshName - LFA-1
ITGAL ITGB2 Info with links in the Cell Migration Gateway
Categoría:Inmunoloxía