Un santuario (do latín sanctuarium) é un lugar sagrado dedicado a unha deidade, devanceiro, heroe, mártir, santo, demo, ou a unha figura de respecto similar, onde é venerada ou adorada. Os santuarios con frecuencia conteñen ícono, reliquias ou outros obxectos asociados coa figura que se venera.Shrine Un santuario en que se fan ofrendas votivas chámase altar.
Os santuarios atópanse en moitas relixións do mundo, incluídas o cristianismo, o islam, o hinduísmo, o budismo, a relixión tradicional chinesa, o xintoísmo, o paganismo xermánico e a fe Bahá'í, así como en ambientes seculares e non relixiosos, como os monumentos de guerra. Os santuarios situánse en contornas diferentes, como igrexas, templos, cemiterios, museos ou no fogar. Os santuarios portátiles tamén aparecen nalgunhas culturas.
Tipos de santuarios Santuarios do templo Moitos santuarios atópanse dentro dos edificios e nos templos deseñados especificamente para o culto, como as igrexas cristiás ou os mandir do hinduísmo. O santuario adoita ser o centro de atención do edificio, e ten un lugar destacado. Neses casos, os seguidores da fe reúnense dentro do edificio para venerar a deidade no santuario. Na arquitectura clásica do templo, o santuario pode ser sinónimo da cella.miniatura|348x348px|Santuario doméstico taoísta chinés (1850-1860), Museo de Bankfield.|esquerda Santuarios domésticos Historicamente, no hinduísmo, o budismo e o catolicismo, e tamén en relixións modernas como o neopaganismo, é común atopar un santuario dentro da casa ou da tenda. Este santuario adoita ser unha estrutura pequena ou unha configuración de imaxes e figuras dedicadas a unha deidade que é parte da relixión oficial, aos devanceiros ou a unha deidade doméstica.miniatura|Santuario da Nosa Señora do Corpiño. Santuarios de xardín No fondo dos xardíns de moitas persoas localízanse pequenos santuarios de diversas relixións. Algúns consisten, no caso do cristianismo, nunha imaxe de Xesucristo, a Virxe María ou un santo nun pedestal; algúns inclúen pinturas ou elementos arquitectónicos. Nos Estados Unidos algúns lembran a altares laterais cunha estatua colocada nun nicho ou gruta e que se coñecen coloquialmente como bathtub Madonna ("bañeira da Virxe").Front Yard Shrines and Wayside Shrinesminiatura|Santuario a Tin Hau en Repulse Bay, Hong Kong. Santuarios ao bordo dos camiños
En ocasións colócanse nas estradas ou camiños pequenas imaxes, en xeral dentro dalgún pequeno refuxio. Ás veces sitúanse nun asentamento ou nun cruzamento de camiños.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Shrines of British Saints by J. Charles Wall. Full Text + Illustrations
Categoría:Relixión