Mariano Gómez Ulla, nado en Santiago de Compostela o 6 de novembro de 1877 e finado en Madrid o 24 de novembro de 1945, foi un cirurxián e militar galego. Presente nos campos de batalla das guerras de África, da guerra civil española, e na I e II guerra mundial, onde desenvolveu unha intensa labor sanitaria. Presidente da Organización Médica Colexial de España.

Traxectoria Nado o 6 de novembro de 1877 en Santiago de Compostela, fillo de Ramón Gómez Fernández (médico-cirurxián) e de Dolores Ulla Fociños. No curso 1892-93 iniciou a licenciatura de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, que culminou no 1898-99, obtendo "sobresaliente" no "grao" de licenciado. Máis tarde faise doutor pola Universidade Central de Madrid única en España que concedía ese "grao", para o que presentou a tese doutoral titulada "A desinfección no Exército", cualificada de "sobresaliente".

O ano 1899 Ulla ingresou, por oposición e có nº 1, na Academia de Sanidade Militar da que saíu en xuño de 1900 co emprego de médico 2º (tenente). A partir de entón e a través dos correspondentes ascensos, desempeñou todos os empregos posibles na carreira, ata o supremo de inspector médico de 1ª clase (xeneral de División), que alcanzou en 1943, ano no que, ademais, foi nomeado xefe dos Servizos de Sanidade do Exército.

Foi decisiva intervención a súa intervención nos episodios marroquís de 1909 e de 1921-23, principalmente no segundo deles, onde inaugurou os seus hospitais transportables en mula, logo chamados hospitais Gómez Ulla, que lle permitiron a asistencia inmediata en primeira liña, coa cal reduciu drasticamente a mortalidade dos feridos. Logo, na acción de 1924-25, cuxo punto álxido foi o desembarco de Alhucemas, coordinou a evacuación dos feridos dende os hospitais de campaña aos barcos-hospitais e o seu ulterior traslado á Península. Foi dende 1925 Xentilhome de cámara con exercicio do rei Afonso XIII.

Interveu na guerra civil española asistindo as necesidades do Madrid sitiado dende o seu posto no hospital de Carabanchel, e logo no provisional instalado no hotel Palace. Participou activamente na primeira e segunda guerras mundiais, nunha e por indicación expresa do rei Afonso XIII para atender ás necesidades dos prisioneiros alemáns no fronte occidental; e na outra, reorganizando os servizos médico cirúrxicos da División Azul, despregada no fronte de Rusia.

A partir de aquí, súa carreira cobrou un ritmo cada vez máis ascendente, participando activamente nos Congresos nacionais e internacionais de Medicina, nos cales destacou pola súa achega científica en todo o que facía referencia a medicina de guerra.

Paralelamente o Dr. Gómez Ulla exerceu entre 1909-1944, sempre que súas actividades médico-militares llo permitiron, os cargos de inspector provincial de Sanidade, en Madrid e Palencia, e o de médico da Beneficencia Municipal de Madrid. Tivo tamén consulta médico-cirúrxica privada, operando a miles de pacientes, a maioría xente da alta sociedade, en diversos sanatorios de Madrid.

En 1941 nomeárono xefe dos servizos de sanidade militar do Exército Español e en outubro do mesmo ano, presidente da Organización Médica Colexial de España. Entre as moitas iniciativas emprendidas ao servizo desta institución, destacan dúas: mellorar a situación dos médicos titulares, e dar o maior apoio ao Patroato de Orfos de Médicos.

Faleceu en Madrid, o 24 de novembro de 1945. O 5 de xuño de 1946 o Hospital Militar de Madrid recibe o nome de Gómez Ulla, en honor do Xeneral-Médico Mariano Gómez Ulla.Amado E. Cando o médico vaise as guerras. ABC. 2007/10/29.Nicolás i Hungerbühler H. Dr. Gómez Ulla (1). Melilla, campaña de 1909. El Heraldo de Melilla. 2009/06/18.Nicolás i Hungerbühler H. Dr. Gómez Ulla (2). Melilla, campaña de 1909. El Heraldo de Melilla. 2009/06/18.Nicolás i Hungerbühler H. Dr. Gómez Ulla (y 3). Melilla, campaña de 1909. El Heraldo de Melilla. 2009/06/18.

Condecoracións 1909. Cruz Vermella do Mérito Militar sinxela (25 de setembro). 1910. Cruz Vermella do Mérito Militar pensionada. (29 de abril). 1926. Cruz ao Mérito Militar con distintivo branco. 1927. Cruz ao Mérito Militar de 2ª clase con distintivo branco, pensionada. 1935. Gran Cruz do Mérito Militar. 1943. Gran Cruz da Real e Militar Orde de San Hermenegildo. 1943. Gran Cruz da Orde do Mérito Militar, con distintivo branco. 1945. Gran Cruz da Orde Civil de Sanidade. 1945. Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco. 1945. Outra, Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gómez Rodríguez L. El Hospital Militar Gómez Ulla: memoria, anécdota y nostalgia de un hospital centenario. Madrid: Mº de Defensa; 2008. Varios autores. Gómez Ulla. Hospital Central. Cien anos de historia 1896-1996.

Ligazóns externas Organización Médica Colexial de España

Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Militares de Galicia Categoría:Militares españois da Wehrmacht