O Paraño é un lugar da parroquia do Regueiro no concello ourensán do Irixo na comarca do Carballiño. Segundo o INE e o IGE, ficou deshabitado no ano 2015.
No Diccionario Madoz (1849) aparece incluído na parroquia de Parada de Labiote, ao non estar aínda O Regueiro constituída como tal.
Nesta aldea está ambientada a novela O mesón dos ermos de Ramón Otero Pedrayo.
Lugares e parroquias Lugares do Regueiro
Parroquias do Irixo
Notas
Categoría:Lugares do Irixo Categoría:Despoboados da provincia de Ourense