Ramón Sobrino Buhigas, nado en Pontevedra en 1888 e finado en Valladolid o 6 de xuño de 1946, foi un naturalista e arqueólogo galego. Foi irmán do pintor Carlos Sobrino Buhigas e pai do arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza.
Traxectoria Fillo do médico Luís Sobrino Rivas. Estudou Ciencias Naturais na Universidade de Madrid, doutorándose en 1911. Entre ese ano e 1913 foi profesor da Universidade de Santiago de Compostela e da Escola de Artes e Oficios. Foi catedrático de Historia Natural en Lleida, Palma e Pontevedra, onde dirixiu o instituto até 1921. Despois estudou Odontoloxía en Madrid. En 1931 regresou a Santiago de Compostela, onde exerceu como odontólogo e como profesor de instituto e da Universidade. Foi membro da Real Academia Galega, do Instituto de Estudos Galegos e xefe da Estación Meteorolóxica de Pontevedra. Representou a Real Sociedade Española de Historia Natural no VII Congreso Internacional de Pesca.
Morreu en 1946 no tren que o traía de volta de Valladolid a onde acudira a consultarse das súas doenzas hepáticas.
Obra miniatura|175px|Ramón Sobrino, retrato en Vida Gallega 1923. Estudio sobre los cistolitos (1911). Contribución a la gea de Galicia (1916). Balaenoptera borealis (1917). La purga de mar o hematotalasia (1918). Réplica a las observaciones del Sr. de Buen (1918). Insculturas galaicas prerromanas (1919). La dinamita en la pesca (1923). Petroglifos o insculturas rupestres de Pontevedra (1931). Corpus Petroglyphorum Gallaeciae (1935). Reeditado en 2020 por Morgante, Córpus dos petróglifos de Galicia, ISBN 978-84-15166-83-2. Sobre los orígenes y fundación de Pontevedra. La descendencia de Colón en Pontevedra. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Profesores de educación secundaria