In Space é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de rock Big Star, publicado o día 27 de setembro do 2005 a través do selo Rykodisc. Trátase da primeira gravación de estudio do grupo dende o Third/Sister Lovers, gravado en 1974.

O álbum conta cos membros orixinais de Big Star Alex Chilton e Jody Stephens, con dous compoñentes máis recentes, Jon Auer e Ken Stringfellow. Auer e Stringfellow foran membros de The Posies antes de unirse a Big Star para realizar esporádicas actuacións ao vivo e xiras dende 1993.

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Auer, Chilton, Stephens e Stringfellow, agás onde se indique.

"Dony" – 2:45 "Lady Sweet" – 3:40 "Best Chance" – 3:04 "Turn My Back on the Sun" – 2:38 "Love Revolution" – 5:49 (Auer, Chilton, Jim Spake, Stephens, Stringfellow, Nokie Taylor) "February's Quiet" – 2:44 "Mine Exclusively" – 2:31 (Shirley Mae Matthews) "A Whole New Thing" – 3:52 "Aria, Largo" – 2:30 (Georg Muffat) "Hung Up with Summer" – 3:03 (Auer, Chilton, Bill Cunningham, Stephens, Stringfellow) "Do You Wanna Make It" – 2:46 "Makeover" – 3:42

Categoría:Álbums de Big Star Categoría:Álbums musicais de 2005 Categoría:Álbums de Rykodisc