La Voz de Galicia foi unha publicación que se editou en Buenos Aires entre 1913 e 1915.

Historia e características Apareceu o 9 de novembro de 1913. Fundada por Francisco Álvarez de Nóvoa e Fortunato Cruces e dirixida por Álvarez de Nóvoa. O administrador era José Salgado, e entre os colaboradores figuraron Ignacio Ares de Parga, Manuel Revestido, Conde de Cela (Joaquín Pesqueira), Constantino Horta, Germán Verdiales, Alberto Camino, Ramón Fernández Soto, Antonio Rey Soto e Castelao, que dende o número 24 mantivo a sección Cosas de Galicia. En marzo de 1915 viaxa a Galicia o director Francisco Álvarez de Nóvoa, facéndose cargo da dirección Joaquín Pesqueira.La Voz de Galicia, 25-3-1915, p. 1. O último número coñecido é o 69, que apareceu en 1915.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega

Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Buenos Aires