A hemocromatose (do grego αἷμα haima 'sangue' e χρώμα chróma 'cor') é unha doenza que afecta ao metabolismo do ferro, provocando unha acumulación excesiva e prexudicial deste metal nos órganos e sistemas do corpo humano. Non ha de confundirse coa hemosiderose, afectación caracterizada polo exceso de hemosiderina nos tecidos, mais que non chega a producir dano orgánico algún. Cando o depósito de ferro chega a tal punto que ocasiona prexuízo aos órganos nos que se deposita (sobre todo o fígado), fálase de hemocromatose. Constitúe unha doenza hereditaria, sendo máis común na raza caucásica, sobre todo nos habitantes do norte de Europa. A prevalencia é de arredor de 1 cada 200-250 persoas nestes países.
Categoría:Doenzas Categoría:Metabolismo do ferro