Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe:, é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.

Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste. Os dous grandes ríos do país, o Tigris e o Éufrates, discorren polo centro do país dende o noroeste cara ao sueste. Estes ríos, proporcionan a Iraq de terras aptas para a agricultura, en contraste das terras áridas que cobren a meirande parte de Asia Occidental.

Iraq era coñecido antigamente polo topónimo grego Mesopotamia (Terra entre dous ríos) e foi o lugar de sucesivas civilizacións dende o milenio 6 antes de Cristo. A rexión entre os ríos Tigris e Éufrates é considerada como o berce da civilización e o lugar onde apareceu a escrita. En diferentes períodos da súa historia, Iraq foi o centro dos imperios indíxenas acadio, sumerio, asirio, e babilónico. Formou parte dos imperios medo, aqueménida, helenístico, parto, sasánida, romano, rashidun, umayyad, abbásida, mongol, safávida, afsárida e otomán. Por outra banda, estivo baixo dominio británico como Mandato da Sociedade de Nacións. Iraq é o fogar de dous dos lugares máis sagrados do mundo para o xiísmo: Najaf e Karbala.On Point: The United States Army In Operation Iraqi Freedom - Page 265, Gregory Fontenot - 2004

Os seus límites modernos foron establecidos en 1920 pola Sociedade de Nacións cando o Imperio Otomán foi divido segundo o Tratado de Sèvres. Iraq foi posta baixo a autoridade do Reino Unido como "Mandato británico de Mesopotamia". A monarquía foi establecida en 1921 e o Reino de Iraq obtivo a independencia en 1932. En 1958, a monarquía foi abolida e creouse a República de Iraq. Iraq foi controlado polo Partido Ba'ath dende 1968 ata o 2003. Despois da invasión de 2003 liderada polos Estados Unidos de América e forzas multinacionais, o partido Ba'ath foi eliminado do poder e celebráronse eleccións parlamentarias. A presenza americana en Iraq rematou no 2011.

Historia Antigo Iraq

miniatura|esquerda|O cigurat de Ur (c. século XXI a. C.) atópase preto de Nasiriya, Iraq. O «Berce da civilización» é o termo que se utiliza comunmente para identificar a área que comprende o Iraq moderno, fogar da primeira civilización coñecida, a civilización sumeria. Esta orixinouse no fértil val regado polos ríos Tigris e Éufrates ao sur de Iraq, durante o período Calcolítico (período Ubaid). Para finais do cuarto milenio antes de Cristo, neste lugar atopáronse os primeiros sistemas de escritura e da historia escrita. A civilización sumeria floreceu durante máis de 3000 anos e foi gradualmente sucedida polo imperio acadio durante o século XXIV a. C. Despois de dous séculos de dominio acadio foi seguido dun renacemento do Imperio sumerio durante o século XXI a. C. Unha invasión elamita no ano 2004 a. C. levou a terceira dinastía de Ur ao seu fin. No século XXI a. C., unha nova civilización acadia, Asiria, subira á posición dominante no norte de Iraq. Logo, durante o século XIX a. C. ao sur de Iraq formouse un Estado amorreo contemporáneo, chamado Babilonia. miniatura|esquerda|O Imperio seléucida gobernado polos gregos (en amarelo) con capital en Seleucia as veiras do Tigris, ao norte de Babilonia. Durante o seguintes catorce séculos, Iraq converteuse no centro do poder mundial, baixo os imperios asirio e babilónico. Entre estes destacan o Imperio babilónico de Hammurabi e o Imperio asirio de Shamshiadad I entre os séculos XIX e XVIII a. C., o Imperio asirio medio entre 1365 e 1076 a. C., o Imperio neoasirio entre 911 e 609 a. C. e o último Imperio babilónico de 620-539 a. C. O Imperio neoasirio, en particular, puxo a Iraq no centro dun enorme dominio que se estendía desde o Cáucaso ata Exipto e Arabia, e desde Chipre a Persia.

No 539 a.C., Ciro II o Grande, rei da veciña Persia derrotou o Imperio neobabilónico na batalla de Opis e Iraq sumouse ao Imperio aqueménida durante case dous séculos. Ciro II conseguiu o control da rexión que permaneceu baixo o mandato persa ata a súa conquista por Alexandre Magno no ano 331 a.C.. Trala morte de Alexandro, a dinastía seléucida de orixe grega gobernou durante máis de dous séculos. Os partos (247 a. C.-224 d. C.) de Persia conquistaron a rexión durante o reinado de Mitrídates I de Partia (entre 171 e 138 a. C). Desde Siria, os romanos invadiron a parte occidental da rexión en varias ocasións.

O cristianismo comezou a consolidarse en Iraq (sobre todo en Asiria) entre os séculos I e III, e Asiria converteuse no centro da Igrexa de Oriente.

Os sasánidas de Persia baixo Ardashir I destruíron o Imperio parto e conquistaron a rexión no 224 d. C. A rexión foi provincia do Imperio sasánida durante máis de catro séculos, ata a conquista musulmá de Persia, arredor da metade do século VII, tempo durante o cal se formaron varios Estados indíxenas durante a época dos partos, como Adiabena, Osroena e Hatra. Durante os anos 240 e 250 d. C., os sasánidas conquistaron gradualmente os estados independentes, culminando en Assur no 256 d. C. A rexión foi, polo tanto, unha provincia do imperio sasánida durante máis de catro séculos, e converteuse na fronteira e o campo de batalla entre os imperios sasánidas e o bizantino, con ambos os imperios debilitándose mutuamente, abrindo camiño á conquista árabe-musulmá de Persia a mediados do século VII.

Idade Media miniatura|esquerda|O Califato abasí na súa maior extensión, c. 850. A conquista árabe islámica a mediados do século VII d. C. estableceu o islam en Iraq, o que trouxo consigo unha grande afluencia de árabes e kurdos. Baixo o califato dos Rashidun, Alí, quen era primo e xenro do profeta Mahoma, mudou a capital a Kufa, ao converterse no cuarto califa. O califato omeia gobernou a provincia de Iraq en Damasco durante o século VII, aínda que co tempo existiu un califato independente en Córdoba.

O califato abasí construíu a cidade de Bagdad, ao longo do Tigris no século VIII, como a súa capital, e converteuse na principal metrópole do mundo árabe e musulmán durante cinco séculos. Bagdad foi a cidade máis grande e multicultural da Idade Media, chegando a ter unha poboación que excedía o millón de habitantes, e foi centro de aprendizaxe durante a idade de ouro islámica. Os mongois destruíron a cidade e queimaron a súa biblioteca durante o asedio de Bagdad no século XIII.

En 1257, Hulagu Kan preparou un exército extremadamente grande co propósito de conquistar Bagdad. Cando chegaron á capital islámica, Hulagu esixiu a rendición, pero cando Al-Mustasim –o último califa abasí– negouse, Halagu enfureceuse e, de acordo coa estratexia mongol de desalentar a resistencia, asediou Bagdad , saqueou a cidade e masacrou a moitos dos habitantes. As estimacións do número de mortos van de 200 000 ao millón de persoas. miniatura|O saqueo de Bagdad polos mongois. Os mongois destruíron o califato abasí e a Casa da Sabedoría de Bagdad, que contiña numerosos documentos históricos de gran valor. A cidade nunca recuperou o seu status de centro principal de cultura e influencia mundial. Algúns historiadores cren que a invasión mongol destruíu gran parte do sistema de rega que sostivera a Mesopotamia durante milenios. Outros historiadores apuntan á salinización do chan como culpable da diminución da agricultura.

A Peste negra de mediados do século XIV devastou gran parte do mundo islámico. A mellor estimación para o Medio Oriente é unha taxa de mortalidade de aproximadamente un terzo.

En 1401, o xefe militar de ascendencia mongol Tamerlán invadiu Iraq. Despois de conquistar Bagdad, foron masacrados máis de 20 000 dos seus cidadáns. Tamerlán ordenara que cada soldado debía volver con dúas cabezas humanas cortadas polo menos como evidencia para mostrarllas. Algúns guerreiros estaban tan asustados que mataron os prisioneiros capturados ao principio da campaña, para asegurarse de ter as cabezas esixidas por Tamerlán. Tamén masacrou a poboación nativa cristiá asiria e deixou completamente abatida a cidade de Asur.

Iraq otomán No final do século XIV e nos principios do século XV, os Kara Koyunlu, ou turcos de ovellas negras, gobernaron a área coñecida agora como Iraq. En 1466 os turcománs de ovellas brancas derrotaron os Kara Koyunlu e tomaron o control. Desde principios do século XVI, en 1508, Iraq do mesmo xeito que con todos os territorios dos antigos turcománs das Ovellas Brancas, caeu nas mans dos safavíes iranianos. Debido á rivalidade turco-iraniana dun século de duración entre os safavidas e os veciños turcos otománs, Iraq disputaríase entre os dous durante máis de cen anos durante as frecuentes guerras otomán-persas .

Co Tratado de Zuhab en 1639, a maior parte do territorio da actual Iraq quedou baixo o dominio do Imperio Otomán como o eialete de Bagdad. Ao longo da dominación otomá (1533–1918) o territorio de Iraq actual era un campo de batalla entre os imperios rivais rexionais e as alianzas tribais. A dinastía Safávida de Irán afirmou brevemente a súa hexemonía sobre Iraq durante os períodos de 1508–1533 e 1622–1638

No século XVII, os frecuentes conflitos cos safávidas minaran a fortaleza do Imperio Otomán e debilitaran o seu control sobre as súas provincias. A poboación nómade creceu coa chegada dos beduínos de Néyed procedentes da península arábiga. As incursións beduínas nas zonas poboadas fixéronse imposibles de frear. miniatura|O arqueólogo Austen Henry Layard escavando nas ruínas da cidade asiria de Nínive (1852). Durante os anos 1747 e 1831 Iraq foi gobernado pola dinastía mameluca de orixe xeorxiana, o que logrou éxito na independencia da Sublime Porta otomá, reprimiu as revoltas tribais, freou o poder dos xanízaros, restaurou a orde e introduciu un programa para a modernización económica e militar. En 1831 os otománs lograron derrocar o réxime mameluco e impuxeron un control estrito sobre Iraq. A poboación iraquí reduciuse a menos de cinco millóns de habitantes nos principios do século XX.

Reino de Iraq baixo a administración británica Durante a primeira guerra mundial, os otománs puxéronse ao lado de Alemaña e as potencias centrais. Na campaña de Mesopotamia contra as potencias centrais, as forzas británicas invadiron o país e sufriron unha dura derrota inflinxida polo exército turco durante o asedio de Kut (1915-1916). Con todo, posteriormente os británicos recuperáronse grazas ao apoio dos árabes e asirios locais. En 1916, os británicos e os franceses fixeron un plan para dividirse o Imperio Otomán despois da guerra, no marco do acordo Sykes-Picot. As forzas británicas se reagruparon e tomaron Bagdad en 1917 e derrotaron os otománs. O armisticio asinouse en 1918. O Imperio Otomán foi desmembrado e o control que os otománs exercían sobre os eialetes (provincias) de Bagdad, Mosul e Basora pasou ás mans do Reino Unido. Os británicos formalizaron o seu control sobre Iraq ao recibiren un Mandato da Sociedade de Nacións sobre Mesopotamia en 1920. Inicialmente o Mandato británico non incluía a provincia de Mosul, no norte, pero ao descubrirse a importancia dos xacementos petrolíferos alí presentes, Mosul foi integrada no Mandato en 1926.Chronology 1926 . League of Nations Photo Archive. Consultado o 31-12-2007.Mosul Revista TIMES 21 de xuño de 1925. Consultado o 31-12-2007.

O 23 de agosto de 1921 despois dun plebiscito co 96% de votos a favor foi nomeado e elíxido, co apoio dos británicos en agradecemento ás contribucións da súa familia durante a Rebelión árabe, o haxemita Faisal I como rei de Iraq (antes xa fora nomeado rei da Gran Siria polos nacionalista árabes tras finalizar a primeira guerra mundial, pero expulsado polos franceses).

Administración británica e reino independente