Víctor Caamaño Rivas, nado en Noia o 15 de xaneiro de 1962, é un político galego e profesor de ciencias, de ideoloxía nacionalista.
Traxectoria É profesor de ciencias naturais no IES Francisco Asorey de Cambados, onde foi director entre 2004 e 2008. Participa desde 1993 no Colectivo Ecoloxista do Salnés, onde foi membro da directiva.
Foi candidato a alcalde polo Bloque Nacionalista Galego nas municipais de 2007 e nas municipais de 2011. Dende o ano 2007 é concelleiro na corporación municipal e voceiro do BNG e xefe da oposición ao goberno de Luís Aragunde Aragunde. Ademais de ser membro do consello local do BNG de Cambados, é membro do consello comarcal desta organización.
É autor e coautor de varias publicacións de carácter didáctico e de divulgación da natureza galega.
Obras publicadas (todas colecctivas) Espazos naturais: provincia da Coruña (2003). Edicións A Nosa Terra. Espazos naturais: provincia de Lugo (2003). Edicións A Nosa Terra. Espazos naturais: provincia da Ourense (2003). Edicións A Nosa Terra. Espazos naturais: provincia de Pontevedra (2003). Edicións A Nosa Terra. Augas caídas: fervenzas de Galiza (2005). Edicións A Nosa Terra. A costa de Galiza. Edicións A Nosa Terra. As montañas de Galiza. Edicións A Nosa Terra. Árbores de Galiza. Edicións A Nosa Terra.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Edicións A Nosa Terra Blog de Víctor Caamaño "Traballamos por un modelo de sociedade distinto", entrevista na web Cambados.tk 11/12/2012.
Categoría:Concelleiros de Cambados Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1962