Campaña da Caprecórneca: novela gallega hestóreca, fantásteca e poéteca é unha novela en lingua galega de Luis Otero y Pimentel, publicada orixinalmente por entregas na revista Follas Novas da Habana entre outubro e decembro de 1898, e como volume de seu, ese mesmo ano.
Características
Trátase dunha novela "de escaso valor literario ou lingüístico" mais de grande interese dada a súa temática onírica e paranormal, que a converten en precursora da narrativa fantástica nas letras galegas.
A obra foi reimpresa en 1994 pola editorial Galaxia e incluída na colección Narrativa de Onte.
Véxase tamén Bibliografía
Hermida García, Modesto (ed.). A campaña da Caprecórneca (1994). Narrativa de Onte. Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-903-4.
Outros artigos
Fantasía Ligazóns externas Campaña da Caprecórneca (1898) en Galiciana, Biblioteca de Galicia
Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de 1898 Categoría:Libros no dominio público