O HMS Black Prince foi un cruceiro acoirazado da clase Duke of Edinburgh construído para a Royal Navy a mediados da década de 1900. Foi destinado ao mar Mediterráneo cando comezou a Primeira Guerra Mundial e participou na persecución do cruceiro de batalla alemán SMS Goeben e do cruceiro lixeiro SMS Breslau. Despois de que os barcos alemáns acadasen as augas otomás, o Black Prince foi enviado ao mar Vermello a mediados de agosto para protexer os convois de tropas que chegaban da India e para buscar buques mercantes alemáns. Despois de capturar dous barcos, o Black Prince foi transferido á Grand Fleet en decembro de 1914 e foi afundido durante a batalla de Xutlandia o 31 de maio de 1916, morrendo todos os seus tripulantes.
Categoría:Cruceiros acoirazados Categoría:Buques da primeira guerra mundial Categoría:Barcos de 1904