Lidia Guerreiro Jorge, coñecida como Lídia Jorge, nada en Boliqueime (Algarve) o 18 de xuño de 1946, é unha escritora portuguesa.

En 2026 foi Premio Camões.

Traxectoria Licenciouse en Filoloxía Románica pola Universidade de Lisboa e foi profesora de Ensino secundario, impartindo clase en Angola e Mozambique, durante o último período da Guerra colonial portuguesa.

A publicación da súa primeira novela O Dia dos Prodígios (1980) constituíu un acontecemento nun período no que se inauguraba unha nova etapa na Literatura Portuguesa. Pero foi con A Costa dos Murmúrios (1988)Cf. Antonio Maura, «La costa de los murmullos. Lídia Jorge» , ABC Literario, 10-6-1990. libro que reflicte a experiencia colonial pasada en África, co que a autora confirmou o seu destacado lugar no panorama das letras portuguesas. Tras as novelas A Última Dona (1992) e O Jardim sem Limites (1995),Cf. Mercedes Mommany, «Una casa frente al Tajo» , ABC Cultural, 21-7-2001. seguiu O Vale da Paixão (1998)Cf. íbidem. O tema da muller e da súa soidade é unha preocupación central da obra de Lídia Jorge.

Lídia Jorge publicou tamén dúas antoloxías de contos, Marido e Outros Contos (1997) e O Belo Adormecido (2003), ademais das publicacións independentes A Instrumentalina (1992) e O Conto do Nadador (1992).

As súas obras foron traducidas ao francés, inglés, alemán, esloveno, español etc, máis de vinte linguas.

A novela A Costa dos Murmúrios foi adaptada (2004) ao cinema por Margarida Cardoso.

Colaboradora asidua do Jornal de Letras e do Público.

Obtivo o Premio Escritora Galega Universal concedido pola AELG no 2013. En 2020 o Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.

Obras Novelas:

O Dia dos Prodígios (1980). Pub. Europa-América. 206 páxs. Adaptado ao teatro en 2010 por Cucha Cavalheiro. O Cais das Merendas (1982). Dom Quixote. 247 páxs. Narrativa poética, teatralizada. Notícia da Cidade Silvestre (1984). Dom Quixote. Temática da muller, ambientado en Lisboa. A Costa dos Murmúrios (1988). Dom Quixote. Obra central da autora, traducida a unha morea de idiomas. A Última Dona (1992). Dom Quixtote. Obra intimista de perspectiva feminista. O Jardim Sem Limites (1995). Dom Quixote. Novela urbana de Lisboa. O Vale da Paixão (1998). Dom Quixote. 241 páxs. O Vento Assobiando nas Gruas (2002). Dom Quixote, con 532 páxs. na versión orixinal. Ed. conmemorativa de Dom Quixote en 2012. Aborda a relación entre unha muller branca cun home africano e o seu comportamento perante unha sociedade de contrastes. Combateremos a Sombra (2007). Dom Quixote. A historia dun psicanalista e o seu paciente. A Noite das Mulheres Cantoras (2011). Dom Quixote. Narrado en forma de monólogo 21 anos despois dos feitos. Os Memoráveis (2014). Dom Quixote. Recreación da Revolución de abril de 1974. Traducida ao fránces como Les Mémorables, 2015. Estuário (2018). Dom Quixote. 288 páxs. Em todos os sentidos (2020). Dom Quixote. 264 páxs. Misericórdia (2022). Dom Quixote.

Relatos:

A Instrumentalina (1992). Dom Quixote. "Um conto breve faz um sonho longo", dise no libro. O Conto do Nadador (1992). Dom Quixote. Marido e outros Contos (1997). Dom Quixote. Sete contos. O Belo Adormecido (2004). Dom Quixote. 241 páxs. Seis relatos sobre o desexo. Praça de Londres. Cinco contos situados (2008). Dom Quixote. O organista (2014). Dom Quixote. Fábula sobre a Creación do Universo e as relacións dos homes con Deus. O Amor em Lobito Bay (2016). Dom Quixote. Relatos nos que está presente o amor.

Literatura Infantil:

O Grande Voo do Pardal ( 2007). Ilustrado por Inês de Oliveira. Dom Quixote. O amor, a compaixón, a liberdade, están presentes na historia. Romance do Grande Gatão ( 2010). Ilustrado por Danuta Wojciechowska. Dom Quixote. Aventuras dun gato irreverente. O Conto da Isabelinha - Lilibeth's Tale (2018). Dom Quixote. 32 páxs. En portugués e inglés.

Ensaio:

Contrato Sentimental (2009). Sextante.

Teatro:

A Maçon ( 1997). A vida de Adelaide Cabete, famosa masona de finais do século XIX. Foi levada a escena no Teatro Nacional Dona Maria II en 1997 por Carlos Avilez. Instruções para Voar (2016). Dom Quixote.

Poesia

O Livro das Tréguas (2019). Dom Quixote. Dividido en cinco partes: Com a Origem, com os Preceitos, com os Factos, com as Fábulas, com o Tempo.

Outros

A literatura é o prolongamento da infância (2016). Guerra & Paz. Diálogos con José Jorge Leiria.

Premios

1981: Premio Malheiro Dias, Academia das Ciências de Lisboa 1982: Premio Literario Cidade de Lisboa por O Cais das Merendas 1984: Premio Literario Cidade de Lisboa por Notícia da Cidade Silvestre 1988: Premio D. Dinis, Fundação Casa de Mateus por O Vale da Paixão 1998: Premio Bordallo de Literatura da Casa da Imprensa por O Vale da Paixão 1998: Premio Máxima de Literatura por O Vale da Paixão 1998: Premio de Ficción do P.E.N. Clube Português por O Vale da Paixão 2000: Premio Jean Monet de Literatura Europea, Escritor Europeo do Ano 2002: Grande Prémio da Associação Portuguesa de Escritores por O Vento Assobiando nas Gruas 2002: Premio Correntes d’Escritas por O Vento Assobiando nas Gruas 2006: Albatroz, Premio Internacional de Literatura da Fundação Günter Grass polo conxunto da súa obra. 2007: Grande Prémio da Sociedade Portuguesa de Autores, Millenium BCP 2007: Premio Speciale Giuseppe Acerbi, Scrittura Femmenile 2008: Premio Michel Brisset, da Associação dos Psiquiatras Franceses 2011: Premio da Latinidade, João Neves da Fontoura, União Latina 2014: Prémio Luso-Espanhol de Arte e Cultura 2015: Premio Vergílio Ferreira 2015: Premio Urbano Tavares Rodrigues 2019: Grande Prémio de Literaura dst 2020: Premio FIL de literatura en linguas romances por A costa dos murmúrios. 2020: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia. 2023: Premio Médicis de mellor livro estranxeiro, ex aequo com Han Kang, por Misericordia. 2023: Premio Fernando Namora por Misericórdia 2025: Premio San Clemente, modalidade outros idiomas, por Misericórdia. 2025: Premio Pessoa. 2026: Premio Premio Camões.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Gonçalves, Ilena Luís Candeias. Escritores Portugueses do Algarve. Edições Colibri, Lisboa, 2006.

Ligazóns externas

Páxina persoal de Lídia Jorge

Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados no distrito de Faro Categoría:Nados en 1946