Wario Land: Super Mario Land 3, coñecido no Xapón como , é un videoxogo de plataformas desenvolvido por Nintendo para Game Boy en 1993 e lanzado a comezos de 1994. É o primeiro videoxogo protagonizado por Wario así como a primeira aparición da Capitá Sirope (en inglés Captain Syrup) e os seus piratas de Azucre Moreno (en inglés Brown Sugar pirates), inimigos recorrentes na serie de videoxogos Wario Land. O xogo ten 40 niveis repartidos en 7 mundos ou zonas da Illa Kitchen.
Legado Wario Land foi un proxecto para transformar a aparición de Wario en Super Mario Land 2: 6 Golden Coins cara a un papel protagonista que fixera medrar o universo de Mario. Wario Land tivo sete populares secuelas: Virtual Boy Wario Land, Wario Land II, Wario Land 3, Wario Land 4, Wario World, Wario: Master of Disguise e Wario Land: The Shake Dimension.
O xogo volveuse lanzar na tenda virtual de Nintendo para a súa descarga, podendo facerse no Xapón o 14 de decembro de 2011, en Europa o 16 de febreiro de 2012 e en Norte América o 26 de xullo de 2012.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Nintendo: Wario Land: Super Mario Land 3 Wario Land: Super Mario Land 3en NinDB
Categoría:Videoxogos de 1994 Categoría:Videoxogos de Game Boy Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Xapón Categoría:Videoxogos de Virtual Console para Nintendo 3DS