A tempada 2003-2004 da Zurich Premiership foi a décimo sétima edición da liga inglesa de rugby, creada pola RFU en 1987. A liga tomaba o nome Zurich do seu principal patrocinador, unha empresa aseguradora.

Formato da competición O torneo estivo composto por 12 equipos, e tivo un formato segundo o cal os equipos tiñan que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfrontase ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante. Posteriormente os 3 primeiros equipos da táboa pasaron a disputar a fase final de eliminatorias polo título.

O sistema de puntuación que se aplicou foi o seguinte: 4 puntos pola vitoria. 2 puntos polo empate. 0 punto pola derrota. 1 punto bonus por anotar 4 ensaios ou máis nun encontro (BO). 1 punto bonus por perder un encontro por 7 puntos ou menos de diferenza (BD).

A liga comezou o 12 de setembro de 2003, e rematou o 29 de maio de 2004 coa gran final disputada no Estadio de Twickenham, en Londres.

Táboa Zurich Premiership — Tempada 2003/04PostoEquipoPuntosXogadosGañ.Emp.Per.BOBD 1º 20px Bath 79 22 18 0 4 4 3 2º 20px Wasps 73 22 16 0 6 6 3 3º 20px Northampton 70 22 15 1 6 6 2 4º 20px Gloucester 63 22 14 0 8 4 3 5º 20px Leicester <sup> 55 22 11 3 8 4 2 6º 20px Harlequins 54 22 10 2 10 4 6 7º 20px Sale 53 22 9 3 10 5 6 8º 20px Irish49 22 10 1 11 1 6 9º 20px Newcastle 45 22 7 2 13 4 9 10º 20px Saracens <sup> 39 22 8 1 13 3 3 11º 20px Leeds 37 22 7 1 14 4 3 12º 20px Rotherham 3 22 0 0 22 0 3<<<< 2002/03 — Tempadas — 2004/05 >>>>

En azul os equipos de play offs polo título (1º, 2º e 3º). En rosa o equipo descendido (12º).

Semifinais e final

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Premiership

Categoría:Liga inglesa de rugby Categoría:Rugby en 2004