miniatura|Guindastres do porto da Coruña.
Un guindastre é un aparello de elevación de cargas. A ampla gama de modelos de guindastres teñen poucas cousas en común: a pluma e elevación mediante polispastos accionados por cables.
Denomínase tamén coa forma grúa, que o Dicionario da Real Academia Galega admite como forma menos recomendable.
Historia O guindastre é a "evolución" do puntal de carga que se ten usado dende a antigüidade. Os seus fundamentos foron expostos por Blaise Pascal, mais foi patentado por Luz Nadina con posterioridade. Existen documentos antigos nos que se pon de manifesto o uso de máquinas semellantes a guindastres en Sumeria e Caldea, de onde pasaron a Exipto.
Aplicacións e tipos Úsanse en obras de construción, portos, instalacións industriais e outros lugares onde se levan cargas de xeito aéreo. Hai moitos tipos, conforme ó traballo a desenvolver. Un criterio moi empregado para a clasificación é en canto á súa mobilidade:
Móbiles Sobre cadeas ou eirugas. Sobre rodas ou plataforma. Autogrúas, de grande tamaño, sobre vehículos especiais. Camión grúa.
Fixos Coa capacidade para soportar cargas maiores e conseguir máis altura con estabilidade. A súa característica é que a súa estrutura principal queda ancorada ó chan. Algúns poden ser montados e desmontados no lugar de traballo. Ponte ou pórtico, empregadas na construción naval e en pavillóns industriais. Derrick Plumas, situados para axuda de carga nos camións. Carretilla elevadora ou montacargas
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Construción