A tempada 2006-2007 da Guinness Premiership foi a vixésima edición da liga inglesa de rugby, creada pola RFU en 1987. A liga tomaba o nome Guinness do seu principal patrocinador, unha importante cervexeira irlandesa.

Formato da competición O torneo estivo composto por 12 equipos, e tivo un formato segundo o cal os equipos tiñan que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfrontase ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante. Posteriormente os 4 primeiros equipos da táboa pasaron a disputar a fase final de eliminatorias polo título.

O sistema de puntuación que se aplicou foi o seguinte: 4 puntos pola vitoria. 2 puntos polo empate. 0 punto pola derrota. 1 punto bonus por anotar 4 ensaios ou máis nun encontro (BO). 1 punto bonus por perder un encontro por 7 puntos ou menos de diferenza (BD).

A liga comezou o 2 de setembro de 2006, e rematou o 12 de maio de 2007 coa gran final disputada no Estadio de Twickenham, en Londres.

Táboa Guinness Premiership — Tempada 2006/07PostoEquipoPuntosXogadosGañ.Emp.Per.BOBD 1º 20px Gloucester 71 22 15 2 5 3 4 2º 20px Leicester 71 22 14 1 7 9 5 3º 20px Bristol 64 22 14 1 7 3 3 4º 20px Saracens 63 22 12 2 8 7 4 5º 20px Wasps 61 22 12 1 9 5 6 6º 20px Irish53 22 12 0 10 3 2 7º 20px Harlequins 51 22 10 0 12 5 6 8º 20px Bath 45 22 8 2 12 2 7 9º 20px Newcastle 44 22 9 0 13 2 6 10º 20px Sale 42 22 8 1 13 2 6 11º 20px Worcester 34 22 6 1 15 0 9 12º 20px Northampton 33 22 6 1 15 1 6<<<< 2005/06 — Tempadas — 2007/08 >>>>

En azul os equipos de play offs polo título (1º, 2º, 3º e 4º). En rosa o equipo descendido (12º).

Semifinais e final

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Premiership

Categoría:Liga inglesa de rugby Categoría:Rugby en 2007