Vercingétorix: La légende du druide roi é unha coprodución entre Francia, Canadá e Bélxica dirixida por Jacques Dorfmann e estreada no 2001. Está protagonizada por Christopher Lambert, Klaus Maria Brandauer, Inés Sastre, Bernard-Pierre Donnadieu e Max von Sydow.

O filme conta a historia do xefe galo Vercinxetórix, dende a súa nenez ata a batalla para salvar a Galia da dominación romana de mans de Xulio César. O filme remata coa decisiva Batalla de Alesia.

A novela The Druid King de Norman Spinrad é unha obra que deriva dunha versión inicial do guión do filme.

Sinopse Filme sobre a vida do caudillo galo Vercinxetórix (século -I). Cando as lexións romanas conquistaron as Galias, o seu pai foi apresado e executado. Un sabio druída, Guttuart, vaticínalle a Vercinxetórix que liberará as Galias do poder de Roma. Xa adulto, converterase nun bravo e valente guerreiro.

Personaxes Christopher Lambert como Vercinxetórix Klaus Maria Brandauer como Xulio César Max von Sydow como Guttuart Inés Sastre como Epona Bernard-Pierre Donnadieu como Dumnórix Denis Charvet como Cassivelaun Maria Kavardjikova como Rhia Yannis Baraban como Litavic Vincent Moscato como Moscatos Jean-Pierre Rives como Xefe dos Teutóns'' Claude Brasseur como Narrador

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes de Bélxica