Nicholas Allen Jones, coñecido como Nicky Wire, nado o 20 de xaneiro de 1969 en Llanbadoc, País de Gales, é o letrista, baixista e vocalista ocasional da banda galesa de rock alternativo Manic Street Preachers.
Antes de tocar no grupo, Wire estudou ciencias políticas na universidade e isto influiría máis tarde na súa obra lírica. Foi co-escritor das letras da banda (xunto con Richey Edwards) dende 1989 ata 1995, e dende entón é o principal letrista tras a desaparición de Edwards. Ademais do seu traballo con Manic Street Preachers, Wire publicou dous álbums en solitario, I Killed the Zeitgeist en 2006 e Intimism en 2023.
Notas
Categoría:Baixistas de Gales Categoría:Nados en Blaenau Gwent Categoría:Nados en 1969 Categoría:Músicos de Gales Categoría:Galeses de ascendencia inglesa Categoría:Manic Street Preachers