Vila do Conde é unha cidade portuguesa no distrito do Porto, rexión Norte e subrexión do Grande Porto, con 28.636 habitantes en 2011. Pertence á Grande Área Metropolitana do Porto. Vila do Conde é sede dun municipio con 149,31 km² de área e 79.533 habitantes (en 2011), subdividido en 30 freguesías. O municipio limita ao norte co da Póvoa de Varzim, ao leste con Vila Nova de Famalicão e ao sur conr Maia e por Matosinhos, e ao oeste ten litoral no océano Atlántico.

Localizada na marxe norte da foz do río Ave, Vila do Conde é un importante centro industrial, porto de pesca e zona balnearia e turística, e configura un dos principais e máis procurados centros de balneario de Portugal. A cidade fai parte do mesmo aglomerado urbano que a Póvoa de Varzim.

Historia miniatura|left|200px|A rúa da Igrexa, centro histórico de Vila do Conde. A poboación de Vila do Conde é moi antiga, anterior á fundación de Portugal, e o seu topónimo non sufriu alteracións; dende sempre foi Vila do Conde. A primeira referencia a Vila do Conde é do ano de 953 da era actual no libro da condesa Mumadona Dias, onde é referida como Villa de Comite.

Manuel I de Portugal concedeulle eido foral en 1516 e a poboación da vila participa activamente nos descubrimentos portugueses, entre eles Paulo e Francisco Faria na viaxe de Vasco da Gama á India. A praza Nova, hoxe praza Vasco da Gama, abriuse en 1538, no reinado de Xoán III de Portugal, onde se edificaron novos edificios para os pazos do Concello. No século XIX, as invasións francesas causarán grandes danos á poboación. En 1987 é elevada á categoría de cidade.

Freguesías 300px As 30 freguesías de Vila do Conde1. Arcos2. Árvore3. Aveleda4. Azurara5. Bagunte6. Canidelo7. Fajozes8. Ferreiró9. Fornelo10. Gião 11. Guilhabreu12. Junqueira13. Labruge14. Macieira da Maia15. Malta16. Mindelo17. Modivas18. Mosteiró19. Outeiro Maior20. Parada 21. Retorta22. Rio Mau23. Tougues24. Touguinha25. Touguinhó26. Vairão27. Vila Chã28. Vila do Conde29. Vilar30. Vilar de Pinheiro

Poboación

Galería de imaxes

Irmandamentos Ferrol Le Cannet Rocheville Portalegre Lobata - Cidade de Guadalupe Mansoa Mindelo Mossel Bay Baucau Olinda

Véxase tamén Ligazóns externas

Câmara Municipal de Vila do Conde Biblioteca Municipal José Régio Centro de Monitorização e Interpretação Ambiental de Vila do Conde Centro de Ciência Viva de Vila do Conde Festival Internacional de Curtas Metragens Vila do Conde PhotoClub no Flickr Página de Vila do Conde no Facebook

Categoría:Cidades de Portugal Categoría:Concellos do distrito do Porto