A Casa Museo de Casares Quiroga é unha casa museo situada na antiga residencia de Santiago Casares Quiroga na cidade da Coruña. A casa museo do que fora presidente da II República Española do 13 de maio ao 19 de xullo de 1936 ten catro andares con exposicións e reproducións das estancias da casa, incluído o xardín. O baixo da casa está adicado a sala de exposicións temporais.
Historia O edificio da casa museo foi propiedade de José Cervigón. O novo propietario, Santiago Casares Paz encargou a reconstrución a Faustino Domínguez Coumes-Gay en 1886. En 1929 engadiuse unha bufarda deseñada por Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón con vista ao xardín exterior.
A casa dos Casares foi espoliada nos días posteriores ao golpe fascista de 1936. Dos dez mil libros da súa biblioteca uns foron queimados, outros roubados, e outros conducidos ao Pazo de Xustiza.Retorno á casa do espolio. El País, Manolo Rivas.
Andar Descrición Segundo Foto familiar de 4 x 3 metros, un vestidor e o cuarto de baño da casa e a Biblioteca. A mesa de despacho e unhas cadeiras. Primeiro Explicacións dos sucesos de Jaca ata o 14 de abril, día da proclamación da II República. Exposición: A casa do espolio. Inventario co que levaron os fascistas da casa. Comedor, cociña bilbaína, a caldeira e unha lacena. Baixo Exposicións temporais
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos María Casares Ligazóns externas Casas Museo da Coruña Ficha en Turgalicia
Categoría:Museos da Coruña Casares