Charles Bukowski, nado en Andernach (Alemaña) o 16 de agosto de 1920 e finado nos Ánxeles o 9 de marzo de 1994, foi un escritor e poeta estadounidense. Considérase representante do realismo sucio, a súa obra ten forte carga autobiográfica e reflexa o alcoholismo e a pobreza na que viviu. A súa obra está influenciada pola atmosfera da cidade dos Ánxeles, onde pasou a maior parte da súa vida. Está considerado un dos símbolos da literatura independente. Publicou libros de diversos xéneros: diarios, relatos, novela, poesía, ensaio e mesmo o guión dun filme, Barfly, experiencia que relatou na novela: Hollywood (1989). Parte da súa obra está protagonizada por Henry Hank Chinaski, o seu álter ego.
Traxectoria A súa nai foi a costureira alemá Katharina Fett e seu pai o militar estadounidense Henry Bukowski, destinado a Alemaña despois da primeira guerra mundial. En 1923 a familia trasladouse a Baltimore e posteriormente aos Ánxeles. Estudou arte, xornalismo e literatura na Universidade dos Ánxeles mais non rematou a carreira.
Na primavera de 1944 publicou o relato «Aftermath of a Lengthy Rejection Slip» na revista Story e en 1946 publicou «20 Tanks From Kasseldown» en Portfolio: An Intercontinental Quarterly. Ao fracasar no seu intento de converterse en escritor, decepcionouse co proceso de publicación e deixou de escribir durante case dez anos, época na que seguiu a vivir nos Ánxeles –foi carteiro entre 1950 e 1953– e vagou polos Estados Unidos con traballos temporais. Na primavera de 1954 estivo hospitalizado por unha úlcera moi grave, e tras recuperarse comezou a escribir poesía. En 1957 casou coa escritora e poeta Barbara Frye, e divorciáronse en 1959.
Retomou o traballo como carteiro e durante unha década. En 1964 foi pai de Marina Louise Bukowski xunto con Frances Smith. Durante un tempo viviu en Tucson, onde fixo amizade con Jon Webb e Gypsy Lou, que o animaron a publicar e vivir da literatura. Publicou poemas na revista The Outsider, e Loujon Press publicoulle os volumes It Catches my Heart In Its Hand (1963) e A Crucifix in a Deathhand (1965). En 1967 comezou a columna Notes of A Dirty Old Man no xornal dos Ánxeles Open City, e ao pechar o periódico en 1969 proseguiu coa columna no Los Angeles Free Press.
En 1969 deixou o seu emprego na oficina postal para dedicarse a tempo completo á escritura, logo de que o editor John Martin de Black Sparrow Press lle prometese cen dólares mensuais de por vida. Un mes despois de deixar o traballo rematou a súa primeira novela, Servizo de Correos. En 1978 mudouse xunto con Linda Lee Beighle dende Hollywood, onde residira a maior parte da súa vida, a San Pedro, cara ao sur da cidade. Casaron en 1985.
Morreu por mor da leucemia o 9 de marzo de 1994 pouco despois de rematar a novela Pulp.
Obra (selección) Novela Servizo de Correos (Post Office, 1971). Factotum (1975). Women (1978). Hollywood (1989). Pan con xamón (Ham on Rye, 1982). Pulp (1994).
Relato Notes of a dirty old man (1969) Erections, ejaculations, exhibitions and general tales of ordinary madness (1972) South of Non North (1973) Hot Water Music (1983)
Poesía miniatura|esquerda|Toca o piano borracho... en Positivas. It catches my heart in its hands (1963). Crucifix in a deathhand (1965). The Days Run Away Like Wild Horses Over the Hills (1969). Mockingbird Wish Me Luck (1972). Toca o piano borracho como un instrumento de percusión ata que os dedos empecen a sangrar un pouco (Play the Piano Drunk Like a Percussion Instrument Until the Fingers Begin to Bleed a Bit, 1979). Love is a Dog from Hell (1977). Septuagenarian Stew: Stories & Poems (1990). The Last night of the Earth poems (1992).
Outros Shakespeare Never Did This (1979). The Captain Is Out to Lunch and the Sailors Have Taken Over the Ship (1998).
Cinema Tales of Ordinary Madness, sobre a vida de Charles Bukowski, de Marco Ferreri. Barfly, con guión do propio Bukowski, que inspirou a súa novela Hollywood. Narra as súas vivencias durante a rodaxe. Factotum, adaptación da novela homónima, dirixida por Bent Hamer e interpretada por Matt Dillon, Lili Taylor e Marisa Tomei. Notas
Véxase tamén
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Renania-Palatinado Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Finados por leucemia