Martin Karplus, nado en Viena o 15 de marzo de 1930 e finado en Cambridge, Massachusetts, o 28 de decembro de 2024, foi un químico teórico estadounidense.

Traxectoria Foi profesor de química na Universidade Harvard dende 1979. Tamén foi director do Laboratorio de Química Biofísica, un laboratorio conxunto entre o Centre national de la recherche scientifique e a Universidade de Estrasburgo, en Francia. O seu irmán, Robert Karplus, foi un físico e educador internacionalmente recoñecido da Universidade de California en Berkeley.

En 2013 obtivo o Premio Nobel de Química.

Contribucións Martin Karplus ten contribuído de forma significativa en moitos campos da fisicoquímica, incluíndo a espectroscopia de resonancia magnética nuclear, a dinámica química, a química cuántica, e sobre todo, as simulacións de dinámica molecular de macromoléculas biolóxicas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Publicacións Grupo de investigación de Karplus en Harvard. Arquivado do orixinal o 10 de decembro de 2012 Ficha na Universidade de Estraburgo Biografía Páxina oficial de fotografía de Martin Karplus

Categoría:Químicos de Austria Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Viena Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Alumnos do Instituto Tecnolóxico de California Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Premios Nobel de Austria Categoría:Membros da Academia Austríaca de Ciencias Categoría:Profesores da Universidade Harvard Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Profesores da Universidade de California, Berkeley