A diocese de Donostia é unha diocese católica sufragánea da Arquidiocese de Pamplona e Tudela, creada en 1949 polo papa Pío XII, segregada da diocese de Vitoria. A súa catedral é a Igrexa do Bo Pastor, sendo outros templos importantes as basílicas de Nuestra Señora del Coro, de Arantzazu e de Loiola. O bispo actual é José Ignacio Munilla.

Territorio A diocese abrangue o territorio da provincia civil de Guipúscoa. Está dividida en 216 parroquias, estruturadas en 14 arciprestazgos: Antiguo, Arrasate-Bergara, Azpeitia, Éibar, Hernani, Herrera-Alza, Irún, Ordizia, Rentería, San Ignacio, Santa María, Tolosa, Zarautz e Zumarraga.

Limita coas dioceses de Bilbao, Vitoria, Pamplona e Tudela e Baiona.

Historia Historicamente o territorio que abrangue a diocese estivo dividido entre tres dioceses, Baiona, Pamplona e diocese de Calahorra. Pola bula «In Celcissima» de setembro de 1861 erixiuse a diocese de Vitoria, que comprendía todos os territorios da actual Comunidade Autónoma Vasca.Bula In celsissima, en Pii IX Pontificis Maximi Acta. Pars prima, Vol. III, Roma 1864, páxinas 262–280

A diocese de Donostia, sufragánea da arquidiocese de Pamplona e Tudela, foi creada durante o pontificado do papa Pío XII coa bula «Quo commodius» do 2 de decembro de 1949, que foi publicada varios meses máis tarde, o 1 de xullo de 1950.Bula Quo commodius, AAS 42 (1950), p. 535 Foi erixida dentro do territorio da diocese de Vitoria xunto coa tamén nova diocese de Bilbao, abarcando á provincia civil de Guipúscoa. Dende a súa creación até o 11 de agosto de 1956 foi sufragánea, como as outras dous dioceses vascas, da arquidiocese de Burgos, pasando a pertencer despois á provincia eclesiástica de Pamplona e Tudela.

Patróns A diocese ten como patróns ao fundador da Compañía de Xesús, San Ignacio de Loiola (nado en Azpeitia), e á advocación mariana da Virxe de Arantzazu.

Lista de bispos de Donostia Dende a súa erección en 1949, os bispos de Donostia teñen sido os seguintes:Ficha en Catholic-Hierarchy.orgFicha en GCatholic.org Jaime Font y Andreu (13 de maio de 1950 - 13 de febreiro de 1963, finado) Lorenzo Bereciartua (30 de agosto de 1963 - 23 de outubro de 1968, finado) Jacinto Argaya (10 de decembro de 1968 -17 de febreiro de 1979, retirado) José María Setién (17 de febreiro de 1979 - 13 de xaneiro de 2000, renuncia) Juan María Uriarte, (13 de xaneiro de 2000 - 21 de novembro de 2009, retirado) José Ignacio Munilla, (21 de novembro de 2009 - 7 de decembro de 2021, nomeado bispo de Orihuela-Alacant) Fernando Prado Ayuso (nomeado o 31 de outubro de 2022)

Notas e referencias

Donostia Donostia Categoría:Guipúscoa