Peter Kenneth Gethin (nado en Ewell, Surrey, Reino Unido o 21 de febreiro de 1940 e finado o 5 de decembro de 2011) foi un piloto británico de Inglaterra.

Andaina

Descrición Gethin participou no Campionato Mundial en 31 grandes premios de Fórmula 1, debutando o 21 de xuño de . Gañou o Gran Premio de Italia de 1971 coa velocidade media máis rápida da historia da Fórmula Un (ata que o récord foi roto por Michael Schumacher na mesma carreira en ), pero este foi o seu único podio. Houbo só 0´01 segundos entre el e o segundo clasificado, Ronnie Peterson, tamén un récord). De feito, non liderou unha volta enteira, pasou do cuarto ao primeiro lugar na última volta. Tamén participou en numerosos carreiras de Fórmula 1 fóra de campionato.

En 1974 Gethin gañou as Tasman Series, a serie de Fórmula 5000 celebrada en Australia e Nova Zelandia. Gethin pilotou un Chevron B24 Chevrolet.

Piloto de McLaren

Gethin debutou na F1 con McLaren no Gran Premio dos Países Baixos de 1970, en substitución do fundador do equipo, Bruce McLaren, que morrera no Circuíto de Goodwood a principios de mes. Uniuse a un equipo de tres coches, que tamén incluía a Andrea de Adamich e Dan Gurney. Clasificouse en Zandvoort, quedando 11º 2´110 segundos detrás do tempo do pole Jochen Rindt con Lotus. Tiña nove décimas de segundo por diante do seu máis ilustre compañeiro de equipo, Gurney. Involucrouse nunha boa pelexa a principios da carreira con Henri Pescarolo de Matra, pero pronto puido máis que o francés, pero aínda estaba 10º, tivo un accidente na volta 19.

Gethin perdeuse os grandes premios de Francia e Reino Unido, onde pilotou o coche o ex lendario campión do mundo de McLaren de Denny Hulme, regresou para o Gran Premio de Alemaña. Cualificou 17º, unha décima de segundo por detrás de Hulme. Foi unha carreira decepciónante, xa que Gethin retirouse logo de só 3 voltas cun fallo do acelerador.

O Gran Premio de Austria en Österreichring foi o seguinte, e foi outra sesión de cualificación decepciónante para Gethin, quedou 21º e derrotado polos seus compañeiros Hulme e de Adamich. Como outros pilotos foron retirándose da carreira, Gethin subiu constantemente ata o fin, foi a primeira vez que rematou un gran premio chegou a meta décimo.

Gethin volveu en Monza para o Gran Premio de Italia, cunha mellora do rendemento, xa que clasifcou 17º o máis cerca que estivera do tempo da pole, 2´050 segundos detrás do Ferrari de Jacky Ickx. Empezou ben na carreira e subiu rapidamente ata o 13º posto logo dos bos adiantamentos a seu compañeiro de equipo Adamich e ao March de Ronnie Peterson. Pero, tanto Gethin como Adamich pronto sufriron problemas técnicos, e caeron ao final da pista, onde se quedaría ata o final da carreira. Debido ao gran desgaste da carreira, de Adamich foi oitavo ao final e Gethin noveno, aínda que o inglés rematou con 8 voltas perdidas e polo tanto, non clasificou.

No Gran Premio do Canadá en Mont-Tremblant viu o rexurdemento de Gethin, que cualificou 11º a só 1´7 segundos por detrás do tempo da pole de Jackie Stewart. Xogou ben coa estratexia da carreira, e non tivo que facer ningún movemento na pista, salvo un contra Pescarolo. Estivo detrás de Hulme por un tempo, pero o neozelandés retirouse con problemas de rodas. Isto deixou a Gethin libre para lograr a sexta posición e os seus primeiros puntos en F1.

Coa esperanza de continuar en forma, chegaron a Watkins Glen para o GP dos Estados Unidos. Pero, o ritmo de Gethin no Canadá non se repetiu, clasificou 21º na grella, 3´05 segundos por detrás da pole de Ickx. Rematou 14º e último, 8 voltas por detrás do gañador Emerson Fittipaldi no Lotus.

A tempada concluíu có Gran Premio de México no Autódromo Hermanos Rodríguez de Cidade de México e Gethin estaba de novo en forma, fixo a mellor cualificación da tempada, décimo, máis de medio segundo por diante de Hulme. Con todo, os problemas de fiabilidade do McLaren apareceron unha vez máis, e abandonou cun fallo de motor na volta 28.

A tempada terminou con Gethin 23º no campionato do mundo, con só 1 punto gañado no Canadá.

Gethin quedou con McLaren para a tempada , nun equipo agora reducido a dous coches, con Gethin e Hulme un ano máis. A primeira sesión de cualificación en Kyalami foi mal para o inglés, que terminou a sesión 11º medio segundo por detrás do seu compañeiro de equipo e 1´8 segundos por detrás do poleman Jackie Stewart, pilotando para Tyrrell. Nunha carreira onde Hulme non obtivo a vitoria por problemas de suspensión a catro voltas para o final, Gethin retirouse a 7 voltas debido a unha fuga de combustible.

miniatura| left | Peter Gethin en práctica da Gran Premio de Alemaña de 1971.

O Circuíto de Montjuïc foi o escenario do Gran Premio español, que era o seguinte no calendario. Gethin clasificou sétimo, a 0´9 segundos por detrás do Ferrari de Jacky Ickx na pole e a máis de tres décimas por diante de Hulme. El rapidamente caeu detrás de Hulme e o segundo Ferrari de Mario Andretti, e cando as cousas se enderezaron era décimo, detrás do Tyrrel de François Cevert e tamén do Lotus de Emerson Fittipaldi. Con todo, as retiradas de Andretti e Fittipaldi deixárono oitavo, que é onde terminou a carreira.

Na primeira aparición de Gethin en Mónaco, que foi o seguinte reto, non impresionou na clasificación, clasificou 14º, 1´6 segundos por detrás de Hulme e a case catro segundos do tempo da pole de Stewart. Caeu un lugar máis na primeira volta, gañou gradualmente lugares, debido ás retiradas dos demais e un bo adiantamento sobre John Surtees. Chegou a marchar 11º antes de bater cas barreiras na volta 23.

Morte Gethin morreu á idade de 71 anos, en decembro de 2011 tras unha longa enfermidade.

Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Puntos Bruce McLaren Motor Racing McLaren M14A Ford V8 RSA ESP MON BEL NEDRet FRA RU ALERet AUT10 ITANC CAN6 USA14 MEXRet 23º 1 Bruce McLaren Motor Racing McLaren M14A Ford V8 RSARet ESP8 MONRet 9º 9 McLaren M19A Ford V8 NEDNC FRA9 RURet ALERet Yardley Team BRM BRM P160 BRM V12 AUT10 ITA1 CAN14 USA9 Marlboro BRM BRM P160B BRM V12 ARXRet RSANC MONRet BELRet FRANTS RURet ALE 21º 1 BRM P180 BRM V12 ESPRet BRM P160C BRM V12 AUT13 ITA6 CANRet USARet Marlboro BRM BRM P160E BRM V12 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE FRA RU NED ALE AUT ITA CANRet USA NC 0 Embassy Racing with Graham Hill Lola T370 Ford V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA RURet ALE AUT ITA CAN USA NC 0

Carreiras no de campionato

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 1969 Church Farm Racing Team McLaren M14A Chevrolet V8 ROC INT MAD2 OUL 1970 Team SurteesBruce McLaren Motor Racing McLaren M7AMcLaren M10B Ford Cosworth DFV 3.0 V8Chevrolet V8 ROC6 INT16 OUL 1971 Bruce McLaren Motor RacingYardley Team BRMBRM McLaren M14ABRM P160 Ford Cosworth DFV 3.0 V8BRM V12 ARX ROCRet QUE8 SPR2 INT2 RINRet OULRet VIC1 1972 BRM BRM P160BRM P160B BRM V12 ROC4 BRARet INT6 OULRet REPRet VIC5 1973 Chevron Racing Cars Chevron B24 Chevrolet V8 ROC1 INT 1974 Chevron Racing Cars Chevron B28 Chevrolet V8 PRE ROC10 INT7

Véxase tamén

Notas

Ligazóns externas

Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Inglaterra Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de McLaren Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de British Racing Motors Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Hill