Viviane Forrester, nada en París o 29 de setembro de 1925 e finada na mesma cidade o 30 de abril de 2013, foi unha escritora e ensaísta francesa.
Traxectoria Estivo en España en 1943 fuxindo da persecución nazi. Traballou como crítica literaria do diario francés Le Monde. Tamén colaborou coas publicacións Le Nouvel Observateur e La Quinzaine littéraire e é especialista nas obras da escritora Virginia Woolf, por cuxa biografía gañou o premio Goncourt en 2009, e do pintor Vincent Van Gogh.
Autora de diversas publicacións, destacan especialmente as súas obras L'Horreur économique (1996, coa que se deu a coñecer mundialmente) e Une étrange dictature (2000) nas que critica duramente o proceso de globalización económica e defende a tese de que as institucións financeiras internacionais están protagonizando un "golpe de estado mundial a cámara lenta".
É unha das fundadoras da organización non gobernamental Attac.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Forrester contra el capital salvaje
Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2013