O fento das boticas (Asplenium trichomanes) é un fentiño da familia Aspleniaceae. Moi abondoso nos penedos e muros sombrizos e nas ribeiras galegas, tamén recibe o nome vulgar de coandro. Recoñécese facilmente polas súas frondes miúdas e atoparse sempre pendurado dos muros.

En Galiza existen dúas subespecies: Asplenium trichomanes subsp. trichomanes, que foxe dos solos calcarios e prefire a montaña e Asplenium trichomanes subsp. quadrivalens, de maior tolerancia ecolóxica.

Descrición Fento vivaz, de tamaño moi variábel, ás veces moi pequeniño, duns 4 cm, até os 50 cm, con curto rizoma, escamento, do que xorden numerosas raíces magras, duras, negras, e unha serie de frondes de 8–45 cm, estreitas e longas co pecíolo máis ou menos sen vilosidades. Escamas de até 5 mm, con banda central (raque) tesa, pardo escura e brillante. Limbo linear, pinnado unha soa vez, con 15-30(40) pares de segmentos ovais, un chisco irregulares, de bordos dentados, máis largos os basais ca os superiores. Soros lineares. Os esporanxios maduran ao longo de todo o ano. Os soros son lineais e os esporanxios poden ser collidos coa man. Moi común a fins de primavera e verán.

Hábitat Dáse moito en fendas de rochas e paredes de muros húmidos e sombrizos. A. t. subsp. trichomanes prefire solos acedos e arenitas , basalto e granito. A. t. subsp. quadrivalens prefire rochas calcarias e dolerita. A. t. subsp. pachyrachis, non o atopamos en Galiza, principalmente en rochas calcarias e muros.

Distribución miniatura|250px miniatura|250px

Europa e gran parte de Asia no sur deica Turquía, Irán e o Himalaia, cunha poboación no Iemen. Aparece tamén no norte, sur e partes do leste de África, no leste de Indonesia, sueste de Australia, Tasmania, Nova Zelandia e Hawai. Atópase en América do Norte e América Central, en Cuba e no norte e o oeste de América do Sur. Moi abondoso nas beiras dos ríos galegos, especialmente en cavorcos e en zonas onde hai rochas, valados e muros de pedra, xa que o fento das boticas pendura das paredes. Atópase até os 2.000 m de altitude. Propiedades Indicacións: é emoliente, antiinflamatorio, expectorante.

Taxonomía Asplenium trichomanes foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1080. 1753.

Etimoloxía O nome científico do xénero Asplenium fai referencia ao uso terapéutico que se daba a estas plantas durante a Idade Media para sandar doenzas ligadas co bazo (exceso de bile negra). Así, Asplenium sería unha adaptación ao latín do grego "splen" (bazo). O nome vulgar da especie en galego ‘’das boticas’’ fai tamén referencia a este uso medicinal. trichomanes: epíteto da palabra grego: τριχομανεϛ, trichomanes que é o nome para os fentos.en Epítetos Botánicos Variedades Asplenium trichomanes L. subsp. trichomanes Asplenium trichomanes L. subsp. quadrivalens Asplenium trichomanes L. subsp. inespectans Asplenium trichomanes L. subsp. pachyrachis Asplenium trichomanes L. subsp. hexavalens Sinonimia Asplenium csikii Kümmerle & András. Asplenium linnaei Soó Asplenium x lusaticum D.E.Mey. Asplenium melanocaulon Willd. Asplenium trichomaniforme H.P.Fuchs Trichomanes callitriche Bubani Chamaefilix trichomanes (L.) Farw.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Flora of North America. Asplenium trichomanes. Consultado 13 de agosto de 2008. Hutchinson, G. (1996) Welsh Ferns, National Museums and Galleries of Wales. Page C. N. (1982) The Ferns of Britain and Ireland, Cambridge University Press. Preston, C. D. & Pearman, D. A. (2002) New Atlas of the British and Irish Flora, Oxford University Press. Stace, Clive A. (1997) New Flora of the British Isles, Cambridge University Press. Tutin, T. G. et al. (1964) Flora Europaea, Volume 1. Cambridge University Press.

Ligazóns externas Fento das boticas na Web de Vexetación de Galicia Fento das boticas na Web de Ríos Galegos BSBI Mapas: Distribución na Gran Bretaña e Irlanda (“en inglés”) Plantas para un Futuro; Base de datos (“en inglés”)

Categoría:Asplenium Categoría:Plantas medicinais Categoría:Fentos Categoría:Fentos de Galicia Categoría:Plantas descritas en 1753