O fento negro (Asplenium adiantum-nigrum L. 1753) é un fento da familia botánica Aspleniaceae. Aparece en Galiza.
Descrición É un fento que acada os 10 a 30 cm de altura, ten un talo escamento (en realidade é un rizoma curto) con follas triangulares, bi ou tri-pinnadas. Estas follas, teñen de 3 a 15 cm de longo e 2,5 a 7,5 cm de largo, con pinnas dentadas, nacen dun longo pecíolo de brillante cor marrón-negra, polo menos, na base.
Os soros están protexidos por un indusium alongado, producen as esporas, entre abril e outubro, o seu xeito de propagación é polo vento. Reprodúcese tamén asexualmente, a través do rizoma.
Distribución e hábitat A miúdo atopámolo nos bordos de camiños, sebes, veigas, ou en muros vellos.
En Europa é considerada unha das plantas propias da asociación vexetal Androsacion vandellii P., Asarinion procumbentes, é dicir, propia de rochas silíceas das montañas. Nos Estados Unidos de América atópase frecuentemente nos bosques de Pinus ponderosa ou en matogueiras de montaña, polo xeral por riba dos 1.500 m de altitude.
Usos Indicacións: é pectoral. Úsanse as follas.
Taxonomía Asplenium adiantum-nigrum foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1081. 1753. Etimoloxía O nome científico do xénero Asplenium fai referencia ao uso terapéutico que se daba a estas plantas durante a Idade Media para sandar doenzas ligadas co bazo (exceso de bile negra). Así, Asplenium sería unha adaptación ao latín do grego "splen" (bazo).
adiantum-nigrum: epíteto que significa coma o "Adiantum negro". miniatura|240px|Fronde con soros.
Citoloxía Número de cromosomas de Asplenium adiantum-nigrum (Fam. Aspleniaceae) e taxons infraespecíficos: n=72Asplenium x ticinense D.E. Meyer en el sector guadarrámico de Madrid. Cubas, P., E. Pangua & J. A. Rosselló (1990) Anales Jard. Bot. Madrid 47(1): 236-239 Variedades Asplenium adiantum-nigrum var. silesiacum (J. Milde) Viane & Reichst. Asplenium adiantum-nigrum var. yuanum (Ching) Ching A Sinonimia Asplenium andrewsii A.Nelson Asplenium chihuahuense J.G.Baker Asplenium dubiosum DavenportSinónimos en Flora de Norteamérica .
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Cronquist, A. J., A. H. Holmgren, N. H. Holmgren & Reveal. 1972. Vascular Plants of the Intermountain West, U.S.A. 1: 1–271. In A. J. Cronquist, A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J. L. Reveal & P. K. Holmgren (eds.) Intermount. Fl.. Hafner Pub. Co., Nova York. Flora of China Editorial Committee. 1988-2013. Fl. China Unpaginated. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. Flora of North America Editorial Committee, e. 1993. Pteridophytes and Gymnosperms. 2: i–xvi, 1–475. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York. Lellinger, D. B. 1985. A Field Manual of the Ferns and Fern Allies of the United States and Canada. 389 pp. Li, H., T. Liu, T. Huang, T. Koyama & C. E. DeVol. 1979. Vascular Plants. Volume 6: 665 pp. In Fl. Taiwan. Epoch Publishing Co., Ltd., Taipei.
Outros artigos Asplenium Ligazóns externas Herbario da Universidade das Illas Baleares
Categoría:Asplenium Categoría:Plantas medicinais Categoría:Fentos Categoría:Fentos de Galicia Categoría:Plantas descritas en 1753