200px|miniatura|Interior do Eisarena Wolfsburg. O Grizzly Adams Wolfsburg é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Wolfsburgo (Alemaña). O equipo compite na Deutsche Eishockey Liga, a máxima categoría da liga profesional alemá, competición na que o seu maior logro chegou na tempada 2010-11, cando liderou a liga regular e chegou á final da liga, onde caeu fronte ao Eisbären Berlin por 3 a 0 na eliminatoria. O seu único título chegou na tempada 2008-09, cando se proclamou campión da Copa de Alemaña tras derrotar na final ao Hannover Scorpions por 5 goles a 3.

O equipo naceu en 1975 como TV Jahn Wolfsburg, e trocou o seu nome polo actual no ano 1996.

Palmarés Copa de Alemaña (1):

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos da Deutsche Eishockey Liga