Montalbán de Córdoba é un municipio español situado no suroeste da provincia de Córdoba, na comunidade autónoma de Andalucía. O municipio atópase na comarca da Campiña Sur Cordobesa e pertence ao partido xudicial de Montilla.Partido Judicial de Montilla , páxina da Consejería de Xustiza e Administración Pública da Xunta de Andalucía. (Consultado o 14 de febreiro de 2009). As súas coordenadas xeográficas son 37º 35' N, 4º 45' O. Atópase a unha altitude de 273 msnm e a uns 42 km da capital de provincia, Córdoba. A extensión do seu termo municipal é de 33,9 km².Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía, Xunta de Andalucía. (Consultado o 9 de maio de 2013). No ano 2011 tiña 4.586 habitantes e unha densidade de poboación de 136,24 hab/km².Cifras de población referidas al 01/01/2011 Real Decreto 2124/2008, de 26 de diciembre, páxina do Instituto Nacional de Estadística. (Consultado o 28 de agosto de 2011).

O nome do municipio deriva do latín MONTEM·ALBANVM,Los Pueblos de Córdoba; tomo 3, páxina 933. Córdoba (1993): La Caja, Obra Cultural. ISBN 84-606-0591-4 que significa "Monte Branco", evolucionando a Monte Albano, despois a Mont' Alban' e finalmente é Montalbán. Este nome é consecuencia da cor da terra do monte sobre o que se sitúa a localidade, que é de calcaria branca.

Montalbán é moi coñecido polo seu cultivo do allo, sendo o primeiro produtor de allo de Andalucía e aglutinando o 37% da produción de allo da Unión Europea.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ayuntamiento de Montalbán de Córdoba Montalbán de Córdoba, Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía. Patrimonio cultural de Montalbán de Córdoba en la Guía Digital del Patrimonio Cultural de Andalucía. Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico

Montalban de Cordoba