Palenciana é un municipio español da provincia de Córdoba, Andalucía. No ano 2007 tiña 1.594 habitantes. A súa extensión superficial é de 17 km² e tiña unha densidade de 92,9 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 15' N, 4º 35' O. Encóntrase situada a unha altitude de 399 metros e a 104 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.
Palenciana debe o seu nome ao seus fundadores, que foron uns antigos palentinos da época da reconquista que se dedicaron á talla de aciñeiras para facer carbón alá polo século XIII.
Está situada ao sur da provincia de Córdoba, entre os Llanos de Antequera e a Subbética cordobesa, xunto ao río Genil. A Palenciana chégase por El Tejar desde a estrada nacional 331 e desde Antequera por estrada provincial.
Véxase tamén Ligazóns externas
C.E.I.P. San José , Colexio de Ed. Infantil, Ed. Primaria e Ed. Secundaria Obrigatoria. Estatísticas Palenciana, Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía.
Categoría:Concellos da provincia de Córdoba