Eduardo Núñez Martínez, nado en Noia o 4 de marzo de 1888 e finado na Habana o 15 de setembro de 1971, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria Fillo de Eduardo Núñez Sarmiento, chegou á Habana en 1906. Colaborou en El Eco de Galicia, La Región Gallega, Vivero en Cuba, Cultura Hispánica e La Vida Gallega en Cuba. Foi incluído na antoloxía poética Los argonautas (1924). Empregou o pseudónimo D'Arxellas e escribiu algunhas obras en galego. Tamén publicou algúns artigos na revista noiesa Tapal.
Obras En mis tedios del exilio, 1926. Himnos del bien, 1950. Mi cruz de refugio, 1951. Metopas: Tradiciones noyesas en verso, 1952. Caulículos: Libreto de tradiciones noyesas en verso, 1953. Minucias. Libreto: Recopilación de asuntos tradicionales noyeses en verso y prosa, 1954. Visones de La Habana, 1958. Gajes o desgajes, 1962.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Noia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1971