Heaven Up Here é o segundo álbum da banda inglesa de post-punk Echo & the Bunnymen, publicado o 30 de maio de 1981 a través do selo Korova. No mes de xuño dese ano, Heaven Up Here converteuse na primeira edición do grupo en acadar o top 10 da lista británica de álbumsÁlbums de Echo & the Bunnymen nas listas británicas. Tamén foi o primeiro que entrou nas listas estadounidenses, acadando o número 184 da Billboard 200Álbums de Echo & the Bunnymen nas listas da Billboard. De Heaven Up Here lanzáronse os sinxelos "A Promise" e "Over the Wall".

Gravado nos Rockfield Studios preto de Monmouth en Gales, Heaven Up Here foi co-producido por Hugh Jones e a banda. Foi ben recibido polo público e a crítica no Reino Unido e gañou os premios "Best Dressed LP" e "Best Album" nos NME Awards de 1981. O álbum tamén foi listado no posto 463 na lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos".

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Will Sergeant, Ian McCulloch, Les Pattinson e Pete de Freitas.

Cara 1 "Show of Strength" – 4:50 "With a Hip" – 3:16 "Over the Wall" – 5:59 "It Was a Pleasure" – 3:12 "A Promise" – 4:08

Cara 2 "Heaven Up Here" – 3:45 "The Disease" – 2:28 "All My Colours" – 4:06 "No Dark Things" – 4:27 "Turquoise Days" – 3:51 "All I Want" – 4:09

Cancións extra da reedición de 2003 "Broke My Neck" (versión longa) – 7:22 "Show of Strength" (en directo) – 4:41 "The Disease" (en directo) – 1:53 "All I Want" (en directo) – 3:09 "Zimbo" (en directo) – 3:52

Notas

Categoría:Álbums de Echo & the Bunnymen Categoría:Álbums musicais de 1981 Categoría:Álbums de Korova