O Romance de don Gaiferos ou de don Gaiferos de Mormaltán é unha poesía cantable que relata a peregrinación dun don Gaiferos a Santiago de Compostela. Suponse que foi composta no século XIII.

Descuberta da obra miniatura|Faustino Santalices tocando a zanfona. O texto aparece posto por escrito por primeira vez no ensaio Galicia (1888) de Manuel Murguía, quen afirma que é unha obra de orixe popular.

Con variacións no texto, a versión musicada que se coñece na actualidade débeselle ao gaiteiro, investigador e zanfonista Faustino Santalices, que a interpretou en 1954 nun recital-homenaxe a Ramón Menéndez Pidal. Posteriormente fixo unha gravación sonora desta obra, con acompañamento de zanfona.

Teorías sobre a autoría da obra Murguía, na obra citada afirma:

Deste xeito, para Murguía o romance ten unha orixe popular, que nace da tradición poética popular que se move arredor do camiño e de Compostela. Outros investigadores posteriores farán notar tamén que, sobre todo pensando no remate do libro e no papel destacado que se lle atribúe ao bispo, habería tamén que falar dunha clara influencia eclesiástica, nun intento de unir a figura heroica de Gaiferos coa do Apóstolo.

Porén, tamén hai investigadores que dubidan da autoría popular e da datación medieval da obra. O feito de que Murguía non achega moita información sobre a orixe do romance e as circunstancias nas que foi descuberto, así como que non hai ningún outro investigador que atopase o mesmo romance ou distintas variantes do mesmo, dan pé a dúbidas sobre a auténtica orixe do romance. Así, por exemplo Forneiro Pérez fai unha defensa clara da orixe "de autor" da obra e da impostura da atribución popular:

Teoría sobre a identidade do protagonista miniatura|Morte de Guillerme X.

Os investigadores coinciden en que o personaxe histórico que se atopa tras o literario é o duque de Aquitania Guillerme XDeaños Santiago, Carlos: «Un estudio revela la auténtica personalidad de Don Gaiferos» El Correo Gallego, 13/9/2010 ., amigo do arcebispo Diego Xelmírez, e que morreu no ano 1137: Viaje a la Costa da Morte, páxina 27. en peregrinación á tumba do Apóstolo. A pesar de que, durante bastante tempo se pensou que a figura literaria podía ser froito da confusión entre Guillerme III (Gaiferos) e X (quen peregrinou varias veces a Compostela).

Gaiferos sería o equivalente do Walfarius ou Waltharius orixinal. O xentilicio de Mormaltán podería ser unha deformación de Mont-de-Marsan, cidade da Gascuña, en Aquitania e pola que pasaba a vía Lemovicensis, un dos catro camiños franceses de peregrinación a Santiago.

Como recollen Murguía e outros, hai coincidencia en que o duque Guillerme morreu camiño de Compostela. Se ben hai que dicir que as versións máis antigas e seguramente máis fieis ao orixinal, din que morreu xa antes de chegar a Galicia. Só as fontes máis serodias afirman que chegou a Compostela e que, sentíndose moi enfermo mandou que o levasen á catedral, onde morreu. Este segundo final podería ser fillo, igual que o romance, da lenda que foi medrando arredor da figura histórica do derradeiro duque de Aquitania.

Texto (Versión publicada por Manuel Murguía)

Poucos anos despois, en La Ilustración Gallega y Asturiana publícase outra versión do romance. Cambia o primeiro verso e como protagonista aparece o Conde de Montalbán, unha nova variación de Mormaltán<ref>"El Folk-Lore gallego", La Ilustración Gallega y Asturiana, nº 30, outubro de 1881, pax. 352</ref>

(Versión musicada por Faustino Santalices)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "Romance de don Gaiferos", versión musicada por Faustino Santalices. "Romance de don Gaiferos", versión musicada por Luar na Lubre no disco Solsticio''.

Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Lendas xacobeas Categoría:Manuel Murguía