Shane Courtney Battier, nado o 9 de setembro de 1978 en Birmingham, Míchigan, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 2,03 metros de altura, e xogaba nas posicións de ala e ala-pivote.
Traxectoria profesional Battier foi elixido na 6ª posición do Draft da NBA de 2001 polos Vancouver Grizzlies, ó mesmo tempo que os Grizzlies estaban en proceso de trasladarse de Vancouver a Memphis. Xogou cinco anos en Memphis antes de ser traspasado ós Houston Rockets o 28 de xuño de 2006 a cambio de Stromile Swift e a 8ª elección do Draft de 2006 dos Rockets, Rudy Gay. Durante a tempada 2010-11 foi traspasado de novo ós Grizzlies.
O 9 de decembro de 2011, asinou cos Miami Heat, onde conseguiu o seu primeiro anel de campión da NBA na tempada 2011-12, tras gañar ós Oklahoma City Thunder. Na 2012-13, os Heat conseguiron de novo o anel de campións ó gañar ós San Antonio Spurs por 4-3. En marzo de 2014, Battier anunciou a súa decisión de retirarse ó rematar a tempada 2013-14.Shane Battier Will Retire After This Season Barring an 'Act of God' Os Heat chegaron ás Finais por cuarto ano consecutivo, o terceiro ano para Battier, pero desta vez caeron en cinco partidos contra os Spurs. Tras a derrota no quinto partido, Battier anunciou oficialmente a súa retirada tras 13 tempadas na NBA.Shane Battier Officially Retires from NBA After 13-Year Career
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Battier en NBA.com Estatísticas de Shane Battier
Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Vancouver Grizzlies Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados no condado de Oakland, Míchigan