miniatura|240px| Abesouro coa corbícula chea de pole miniatura|240px|Abesouro a recoller pole dun mirasol 240px|miniatura|Raíña de Bomus hortorum Os abesouros,abesouro no Dicionario da RAG, ou abellóns,abellón, 2ª acep. no Dicionario da RAG. (Téñase en conta que tamén se lles chama abellóns aos machos da abella e aos abázcaros (Vespa crabro). son insectos himenópteros apócritos apoideos da familia dos ápidos, subfamilia dos apinos, integrados no xénero Bombus,Bombus no GBIF. Consultado o 8 de xuño de 2022.Bombus na BioLib. Consultada o 8 de xuño de 2022. o único actual da tribo dos bombinos.
Características Teñen o corpo peludo, e dunha cor semellante á das abellas para alertaren aos depredadores da súa perigosidade. Os abesouros teñen tamén ferrón mais non o acostuman utilizar.
Son insectos sociais, mais as súas colonias non adoitan ter numerosos individuos, moito menos cas das abellas (arredor duns 50) e aínda que fan mel, non a acumulan en tanta cantidade.
Só a femia, que será a fundadora dunha nova colonia na primavera, chega a pasar o inverno.
Son moi bos polinizadores de toda clase de plantas bravas e cultivadas. Deste xeito utilízanse, por exemplo, para polinizar tomates nos invernadoiros.
Poden voar con temperaturas máis baixas cás abellas e incluso coa chuvia, xa que teñen un mecanismo especial de control de temperatura do corpo.
Moitas especies de Bombus están en perigo de extinción e, con elas, as plantas que polinizan.
Taxonomía Descrición O xénero Bombus foi descrito en 1802 polo sacerdote católico e notábel entomólogo francés Pierre André Latreille, na súa obra Histoire naturelle générale et particulière des crustacés et insectes (14 vols., 1802-1805).
Etimoloxía O nome científico Bombus está tirado do latín vulgar, derivado do grego antigo βόμβος bómbos, "abesouro".Bombus no Merriam-Webster Unabridged Dictionary.
Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinonimo: Psithyrus Lepeletier, 1833
Especies O xénero inclúe máis de 250 especies, divididas en 38 subxéneros.Williams, Paul H. (1998): "An annotated checklist of bumble bees with an analysis of patterns of description". Bulletin of the Natural History Museum, Entomology Series 67: 79–152.Cameron S. A., Hines H. M. & Williams P. H.: "A comprehensive filogeny of the bumblee bees (Bombus)" Biological Journal of the Linnean Society 2007 91: 161–188.
Especies europeas As especies presentes en Europa son:Fauna europaea: Bombus. Consultada o 8 de xuño de 2022.
Bombus alpinus Linnaeus, 1758 Bombus argillaceus Scopoli, 1763 Bombus armeniacus Radoszkowski, 1877 Bombus balteatus Dahlbom, 1832 Bombus barbutellus Kirby, 1802 Bombus bohemicus Seidl, 1838 Bombus brodmannicus Vogt, 1909 Bombus campestris Panzer, 1801 Bombus cingulatus Wahlberg, 1854 Bombus confusus Schenck, 1859 Bombus consobrinus Dahlbom, 1832 Bombus cullumanus Kirby, 1802 Bombus deuteronymus Schulz, 1906 Bombus distinguendus Morawitz, 1869 Bombus flavidus Eversmann, 1852 Bombus fragrans Pallas, 1771 Bombus gerstaeckeri Morawitz, 1881 Bombus haematurus Kriechbaumer, 1870 Bombus hortorum Linnaeus, 1758 Bombus humilis Illiger, 1806 Bombus hyperboreus Schoenherr, 1809 Bombus hypnorum Linnaeus, 1758 Bombus inexspectatus Tkalcu, 1963 Bombus jonellus Kirby, 1802 Bombus laesus Morawitz, 1875 Bombus lapidarius Linnaeus, 1758 Bombus lapponicus Fabricius, 1793 Bombus lucorum Linnaeus, 1761 Bombus magnus Vogt, 1911 Bombus maxillosus Klug, 1817 Bombus mendax Gerstaecker, 1869 Bombus mesomelas Gerstaecker, 1869 Bombus mlokosievitzii Radoszkowski, 1877 Bombus modestus Eversmann, 1852 Bombus monticola Smith, 1849 Bombus mucidus Gerstaecker, 1869 Bombus muscorum Linnaeus, 1758 Bombus norvegicus Sparre-Schneider, 1918 Bombus pascuorum Scopoli, 1763 Bombus perezi Schulthess-Rechburg, 1886 Bombus polaris Curtis, 1835 Bombus pomorum Panzer, 1805 Bombus pratorum Linnaeus, 1761 Bombus pyrenaeus Perez, 1879 Bombus quadricolor Lepeletier, 1832 Bombus ruderarius Müller, 1776 Bombus ruderatus Fabricius, 1775 Bombus rupestris Fabricius, 1793 Bombus schrencki Morawitz, 1881 Bombus semenoviellus Skorikov, 1910 Bombus serrisquama Morawitz, 1888 Bombus shaposhnikovi Skorikov, 1910 Bombus sichelii Radoszkowski, 1859 Bombus soroeensis Fabricius, 1777 Bombus subterraneus Linnaeus, 1758 Bombus sylvarum Linnaeus, 1758 Bombus sylvestris Lepeletier, 1832 Bombus terrestris Linnaeus, 1758 Bombus vestalis Geoffroy, 1785 Bombus veteranus Fabricius, 1793 Bombus vorticosus Gerstaecker, 1872 Bombus wurflenii Radoszkowski, 1859
En Galicia Entre as especies que viven en Galicia está Bombus hortorum, o abellón das hortas, citada na mina de Meirama, que adoita construír os seus niños baixo o solo, onde viven até 120 individuos cunha raíña, que é a única que sobrevive ao inverno,Gas Natural Fenosa (2015): La biodiversidad en el lago de la mina de Meirama y su entorno . Madrid: Gas Natural Fenosa. ISBN 978-84-606-8367-4. e Bombus pascuorum, citado en Bastavales, Brión.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Michener, C. D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore, Mariland: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0. Buchmann, Stephen L. & Nabhan, Gary Paul (1996): The forgotten pollinators. Island Press, Washington DC, Covelo, CA ISBN 1-5596-3353-0. O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Cassell Illustrated. ISBN 0-8160-5712-5.
Outros artigos Himenópteros Apócritos Apoideos Ápidos Apinos
Ligazóns externas Bumble Bees. Bombus Latreille 1802 na EOL. Ficha del abejorro común (Bombus terrestris) . Bombus en Discover Life . Genus Bombus. Bumble Bees en BugGuide . Con imaxes dos subxéneros.
Categoría:Apidae Categoría:Especies ameazadas Categoría:Animais descritos en 1802