As clamidiáceas (Chlamydiaceae) son unha familia de bacterias que pertencen ao filo Chlamydiae, orde Chlamydiales. Todas as especies de Chlamydiaceae son gramnegativas e expresan un epitopo lipopolisacárido específico da familia chamado αKdo-(2→8)-αKdo-(2→4)-αKdo (previamente denominado epitopo específico de xénero). Os xenes do ARN ribosómico de todas as Chlamydiaceae teñen polo menos unha identidade de secuencia do 90% no seu ADN. As especies de Chlamydiaceae teñen unha variada morfoloxía de inclusión, variado contido do plásmido extracromosómico, e diferente resistencia á sulfadiazina.
Clasicamente as Clamidiáceas comprendían un só xénero, pero en 1999 distinguíronse dous xéneros e un terceiro xénero candidato: Chlamydia, Chlamydophila e o Candidatus Clavochlamydia.See the NCBI webpage on Chlamydiaceae Datos extraidos de
Clasificación Ata 1999 a familia estaba formada por un só xénero, Chlamydia, con catro especies (clasificación de Stolz e Page), que eran: Chlamydia trachomatis, Chlamydia pneumoniae, Chlamydia pecorum, e Chlamydia psittaci. Nese ano Everett, Bush e Andersen presentaron unha nova proposta para a clasificación desta familia na que se facían os seguintes cambios:Bush RM & Everett KDE (2001). Molecular evolution of the Chlamydiaceae. Int. J. Syst. Evol. Microbiol. 51:203-220. (PDF )Everett KDE, Bush RM & Andersen AA (1999). Emended description of the order Chlamydiales, proposal of Parachlamydiaceae fam. nov. and Simkaniaceae fam. nov., each containing one monotypic genus, revised taxonomy of the family Chlamydiaceae, including a new genus and five new species, and standards for the identification of organisms. International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology, (2)49:415-440. (PDF ). PMID 10319462. a familia foi dividida en dous xéneros: Chlamydia e Chlamydophila gen. nov.; creáronse dúas especies novas: Chlamydia muridarum sp. nov. e Chlamydia suis sp. nov. (que xunto con Chlamydia trachomatis son as tres especies que quedaron no xénero Chlamydia); no novo xénero Chlamydophila gen. nov. incluíronse as antigas Chlamydia pecorum, Chlamydia pneumoniae e Chlamydia psittaci, que, por tanto, cambiaron o seu nome xenérico a Chlamydophila; creáronse tres novas especies derivadas de Chlamydia psittaci, que son: Chlamydophila abortus gen. nov., sp. nov., Chlamydophila caviae gen. nov., sp. nov. e Chlamydophila felis gen. nov., sp. nov.
A nova clasificación de Everett, Bush e Andersen suscitou grande polémica e o rexeitamento inicial de moitos científicos que traballan con clamidiasSchachter J, Stephens RS, Timms P, Kuo C, Bavoil PM, Birkelund S, Boman J, Caldwell H, Campbell LA, Chernesky M, Christiansen G, Clarke IN, Gaydos C, Grayston JT, Hackstadt T, Hsia R, Kaltenboeck B, Leinonnen M, Ocjius D, McClarty G, Orfila J, Peeling R, Puolakkainen M, Quinn T, Rank RG, Raulston J, Ridgeway GL, Saikku P, Stamm WE, Taylor-Robinson D, Wang SP & Wyrick PB (2001). Radical changes to chlamydial taxonomy are not necessary just yet. International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology, 51, 249. IJSEM PMID 11211265.Everett KDE & Andersen AA (2001). Radical changes to chlamydial taxonomy are not necessary just yet - reply. International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology, 51, 250. pero «a nova clasificación de Everett et al. foi apropiadamente revisada e aprobada por autoridades taxonómicas internacionais». (Michael Ward.). Pero a polémica continúa, porque algunhas análises xenómicas recentes parecen apoiar a clasificación das clamidiáceas nun só xénero, Chlamydia, polo que a cuestión podería volverse a revisar.
Xénero Chlamydia
Actualmente hai tres especies recoñecidas como pertencentes a Chlamydia: C. trachomatis, C. muridarum, e C. suis. C. trachomatis encóntrase só en humanos, C. muridarum no hámster e no rato (familia de roedores Muridae), e C. suis no porco. As especies do xénero Chlamydia (tal como se define actualmente) producen unha pequena cantidade de glicóxeno detectable e presentan dous operóns ribosomais.
C. trachomatis é a causante das infeccións por clamidias transmitidas sexualmente e tamén causan o tracoma, unha infección que se estende polo ollo (pode producir cegueira), vías nasais e secrecións da gorxa.
Xénero Chlamydophila
Ao xénero de recente creación Chlamydophila pertencen seis especies: C. pneumoniae (antes chamada Chlamydia pneumoniae), C. psittaci (antes chamada Chlamydia psittaci), C. pecorum (antes Chlamydia pecorum), C. abortus, C. caviae, e C. felis. O xénero Chlamydophila caracterízase por non producir glicóxeno detectable e ter un só operón ribosomal. Estas especies encóntranse de forma natural vivindo en diversas especies animais. C. pneumoniae e C. psittaci poden transmitirse dos animais ao ser humano.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Clamidias