Ángel Martínez Castro, nado en Ponteareas a finais da década de 1870 e finado en Buenos Aires o 11 de outubro de 1930, foi un agrarista e político galego.

Traxectoria Emigrou a Buenos Aires con 13 anos. Aos 25 ingresou no Partido Socialista Argentino. Retornou a Ponteareas en 1909 onde organizou un grupo agrarista. Volveu a Arxentina ao ano seguinte e fundou o Comité Puenteareano. Promoveu a creación do Comité Auxiliar de las Sociedades Agrícolas de Puenteareas en Buenos Aires que despois pasou a denominarse Comité Puenteareano de Acción Popular. Foi correspondente administrativo de El Tea en Buenos Aires. Foi un dos fundadores da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, da que foi o seu primeiro secretario xeral. Despois integrouse no Comité de prensa da Federación pero foi desprazado polo sector galeguista e expulsado da Federación. O comité Ponteareano editou dende 1926 o periódico Acción Agraria que en 1929 pasou a denominarse Acción Gallega e logo da ruptura da Federación ingresou na Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires. Martínez participou no Comité de prensa de Acción Gallega. Finou en Buenos Aires o 11 de outubro de 1930.Necrolóxica en Acción Gallega, 26-10-1930, p. 1.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Agrupación de Vecinos de Ponteareas en Buenos Aires

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Finados en 1930 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos