José Antonio Silva do Porto, nado en Santiago de Compostela o 18 de maio de 1938 e finado en Bertamiráns (Ames) o 22 de maio de 1997, foi un piloto, xornalista e escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Ciencias Químicas nas Universidades de Santiago e Sevilla, obtivo o título de piloto de aviación en 1955. Dedicouse ao xornalismo e foi piloto comercial. Foi director de Avion Revue Internacional. Colaborou en La Noche, El Correo Gallego, RNE, TVE e TVG, onde dirixiu o programa Galegos.
Vida persoal Foi irmán do xurista Jesús Silva Porto. Tivo dúas fillas, chamadas Loles e Mónica. Finou por mor dun cancro.
Obras Mi vida con Ramón Franco (Planeta, 1981; con Carmen Díaz Guisasola). Bomba a bordo (Planeta, 1982). Matar al presidente (Planeta, 1983). Mística y misterio de los OVNIS (Sotelo Blanco, 1987). El Hereje (Ronsel, 1993). Compostela, guía para peregrinos perezosos (Ronsel, 1993). V de Vázquez (Ronsel, 1994). Aeroguía del litoral de Galicia (Planeta, 1996).
Obra en galego Marusía (Ir Indo, 1997).
Recoñecementos
Premio Espejo de España como coautor da biografía Mi vida con Ramón Franco (1981) Medalla ao Mérito Civil Medalla ao Mérito Aeronáutico
Notas
Categoría: Escritores de Galicia Categoría: Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría: Nados en Santiago de Compostela Categoría: Nados en 1938 Categoría: Finados en 1997 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes