Eligio Mandayo Carballo, coñecido como Lucho Mandayo, nado en Lantaño (Portas) en 1941, é un político galego.
Traxectoria Carteiro xubilado, foi cofundador e expresidente da Sociedade Deportiva Romai, da Asociación Cultural Xosefina Figueroa de Romai e da Comunidade de Montes de Romai. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura independente Parroquias Unidas de Portas á alcaldía de Portas e foi elixido alcalde con maioría absoluta. En 1983 renunciou a presentarse á reelección e foi substituído á fronte da polo seu compañeiro Luis Alfonso Leste. En 1987, tras frustarse a integración de PUP no PSdeG-PSOE, encabezou de novo a candidatura de PUP mentres que Luis Alfonso Leste encabezou a candidatura socialista. Ambas candidaturas foron superadas pola candidatura do CDS, polo que a alcaldía pasou a mans do centrista Juan Manuel López Barreira. En 1991 formou parte da candidatura de PUP, encabezada nesa ocasión polo alcalde López Barreira, aínda que finalmente non resultou elixido concelleiro. Trala dimisión de López Barreira entrou na corporación como concelleiro na oposición ó PPdeG, que en 1992 lle arrebatou o goberno ós independentes mediante unha moción de censura. Posteriormente pasaría a formar parte do BNG, formando parte da súa candidatura do 2015 como suplente, a cal era unha lista de unidade de toda a esquerda do municipio.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Portas
Ligazóns externas Lucho Mandayo, o primeiro alcalde democrático de Portas tras a ditadura
Categoría:Alcaldes de Portas Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Portas Categoría:Nados en 1941