Funeral é o álbum de estrea da banda canadense de indie rock Arcade Fire, publicado o 14 de setembro do 2004 en Norteamérica a través do selo Merge Records e o 28 de febreiro do 2005 en Europa por Rough Trade Records. Recibiu ese nome debido a que varios membros do grupo perderan recentemente a familiares: a avoa de Régine Chassagne morreu en xuño do 2003, o avó de Win e William Butler (o músico de swing Alvino Rey) en marzo do 2004, e a tía de Richard Reed Parry en abril do 2004.
O álbum produciu cinco sinxelos, sendo "Rebellion (Lies)" o de maior éxito, chegando ao posto número 19 na lista de sinxelos do Reino Unido. o disco foi nomeado aos Grammy en 2005 na categoría de Mellor Álbum de Música Alternativa. Recibiu unha ampla aclamación da crítica e encabezou moitas listas de fin de ano e de década, sendo no presente considerado a miúdo un dos mellores álbums de todos os tempos. Segundo o sitio web Metacritic, o álbum tivo o segundo maior número de aparicións nas listas do Top 10 de fin de década, só por detrás de Kid A de Radiohead. Na versión actualizada de 2020 da lista dos 500 mellores álbums de todos os tempos de Rolling Stone, ocupou o posto número 500.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de Arcade Fire Categoría:Álbums musicais de 2004 Categoría:Álbums de Merge Records Categoría:Álbums de estrea