Os proboscídeos (Proboscidea) son unha orde taxonómica que abeira unha única familia existente, Elephantidae, e moitas familias extintas. Esta orde, descrita por vez primeira por J. Illiger en 1811, abarca ós mamíferos con trompa. Os proboscídeos modernos distínguense polos seus longos cairos e trompas musculares. Estas características eran menos desenvolvidas ou ausentes nos primeiros proboscídeos.

O proboscídeo máis antigo que se coñece é o Eritherium,Proceedings of the National Academy of Sciences, seguido polo Phosphatherium, un pequeno animal do tamaño dun raposo. Ambas especies pertencen ó Paleoceno tardío e foron atopados en Marocos. miniatura|esquerda|Mamut laúdo e Mastodonte americano. Os proboscídeos diversificáronse durante o Eoceno e o Oligoceno. Moitas familias foron descritas dese período, incluíndo os Numidotheriidae, Moeritheriidae e Barytheriidae en África, e os Anthracobunidae do subcontinente indio. Estes foron seguidos polos Deinotheriidae, que prosperaron durante o Mioceno e no Cuaternario. Os proboscídeos do Mioceno tamén inclúe ós Stegolophodon, un xénero da familia en disputa Stegodontidae; a diversa familia dos Gomphotheriidae, como os Platybelodon e Amebelodon; e os Mammutidae e mastodontes.

Notas

Categoría:Proboscídeos