A provincia de Formosa é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 527.895 habitantes (2010) e a súa capital é Formosa.

Situada na Rexión do Norte Grande Arxentino, limita polo oeste coa provincia de Salta, polo sur co Chaco e polo leste e polo norte con Paraguai.

Esténdese entre os paralelos 22° e 27° de latitude sur e os meridianos 57° e 63° de lonxitude oeste de Greenwich. É atravesada, na súa zona norte, polo trópico de Capricornio que a sitúa na rexión tropical do país. Ocupa gran parte do Chaco Central, coñecido até principios de século XX tamén co nome de "Llanos del Manso".

É a provincia arxentina máis pobre,«El ranking de los contrastes», artigo no diario La Nación, 19 de setembro de 2004. Consultado o 4 de agosto de 2013. a de menor desenvolvemento humano«Aportes para el Desarrollo Humano en Argentina 2009», Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento. Consultado o 4 de agosto de 2013. e a segunda de menor PRB per cápita do país, ao superar a veciña provincia do Chaco.Estimación elaborada pola consultora Abeceb, a setembro de 2008. Informe completo . Consultado o 4 de agosto de 2013. O 17 % da poboación provincial é indixente, mentres que o 42 % da poboación vive baixo o limiar de pobreza.«Pobreza e indigencia en Argentina» artigo de Artemio López no sitio web da universidade UNSE. Segundo o INDEC, en 2010 a cidade de Formosa tivo o segundo índice de desemprego máis baixo do país cun 2,2 %.«Gobierno afirma que hay baja tasa de desempleo», artigo no diario El Comercial. Consultado o 4 de agosto de 2013.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web oficial

Categoría:Provincia de Formosa