O elefante africano é un proboscídeo do genus Loxodonta, que consta de dúas especies existentes: o elefante africano de sabana e o elefante africano de bosque. Loxodonta é un dos dous xéneros existentes da familia Elephantidae. Malia que se cre que o genus foi descrito por Georges Cuvier en 1825, Cuvier escribiuno "Loxodonte". Un autor anónimo latinizouno en "Loxodonta", e o International Code of Zoological Nomenclature (ICZN) recoñeceuno como de autoría propia.
Descrición O elefante africano é o animal terrestre máis grande que existe. O seu corpo repousa sobre as súas grandes patas e ten o lombo cóncavo. As súas orellas axúdano a regular a temperatura. O seu labio superior e nariz forman a súa característica trompa. A trompa actúa como unha extremidade e como amplificador de sons. A trompa do elefante africano remata en dous apéndices opostos, mentres que a trompa do elefante asiático remata nun só apéndice. Os elefantes africanos de sabana son meirandes que os asiáticos. Os machos acadan os 3.2-4m de altura e un peso de 4700–6048 kg, e as femias 2.2-2.6m de alto e un peso de 2160–3232 kg.
O maior exemplar rexistrado medía 4m e pesaba 10 toneladas.
Notas
Categoría:Elefantes Categoría:Mamíferos de África Categoría:Símbolos da República Centroafricana Categoría:Símbolos da República Democrática do Congo Categoría:Símbolos de Costa do Marfil Categoría:Símbolos de Guinea Categoría:Símbolos de Eswatini