O Porin jäähalli ou Isomäen jäähalli é un pavillón deportivo da cidade de Pori, Finlandia. O uso principal do pavillón é a práctica do hóckey sobre xeo, xogando os seus partidos como local o Porin Ässät, equipo que compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a SM-liiga.
O pavillón está situado no distrito de Isomäki e foi construído en 1964, aínda que non foi ata 1971 cando se inaugurou a pista de xeo. Dende a súa construción experimentou diversos procesos de reforma en 1979, 1986–87, 1996 e 2000.
Véxase tamén Ligazóns externas Porin jäähalli en www.poritieto.com Porin jäähalli na web da cidade Porin jäähallien www.hockeyarenas.net
Categoría:Estadios da SM-liiga Categoría:Deporte en Pori