O Bisons Loimaa (até 2011 chamado Loimaan Korikonkarit, abreviado LoKoKo), é un club de baloncesto profesional finés da cidade de Loimaa, Finlandia Propia. O club foi fundado en 1964 e na tempada 2023-24 competirá na máxima categoría do baloncesto finlandés, a Korisliiga, da cal posúe dous campionatos. Os Bisons teñen competido en competicións europeas, así como na VTB United League, unha liga internacional integrada principalmente por equipos rusos.

Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor vermella e cun pantalón da mesma cor. Xoga os seus partidos como local no Loimaan liikuntahalli, pavillón con capacidade para 1 300 espectadores.

Pavillón miniatura|250px|Os Bisons xogan os seus partidos como locais no Loimaan liikuntahalli. Os Bison xogan os seus partidos como locais no Loimaan liikuntahalli, un pavillón construído en 2005 e con capacidade para 1 300 persoas. Con todo, nos seus enfrontamentos europeos o equipo empregou outros pavillóns de maior capacidade como Energia Areena de Vantaa ou o Helsingin jäähalli da capital finlandesa, onde os Bisons reuniron a audiencias superiores ás 6 000 persoas. Durante o seu período na VTB United League os Bisons tamén chegaron xogar no Gatorade Center de Turku, un pavillón con capacidade para 11 000 persoas, vendendo 9 000 entradas dous meses antes do seu partido fronte o Zenit de San Petersburgo.

Palmarés Liga de Finlandia Campión (2): 2012, 2013 Subcampión: 2015 Medalla de bronce: 2014

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bisons.fi Sitio web do LoKoKo Nilan Bisons en basket.fi Nilan Bisons en eurobasket.com

Categoría:Equipos de baloncesto de Finlandia Categoría:Deporte en Loimaa