Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, nado en Ourense o 12 de abril de 1960, é un arqueólogo e catedrático de lingua e literatura galegas, historiador, investigador, profesor e escritor galego.Vázquez-Monxardín Fernández, Afonso (Ourense) Auria.Xacobeo.es/gl

Traxectoria Fillo de Xosé Lino Vázquez-Monxardín Blanco. É licenciado en Xeografía e Historia, nas especialidades de Prehistoria e Arqueoloxía, Xeografía e Historia de Galicia e Arquivística e Biblioteconomía pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi arqueólogo en escavacións en Galicia, Portugal e Italia, e en 1983 pasou á docencia de lingua e literatura galega.

É catedrático de ensino medio desde 1996. Foi profesor visitante da súa materia en centros galegos e universidades de América (Centro Galego, Centro Galicia e Universidade de Belgrano, en Buenos Aires; Universidade Federal da Bahía, no Brasil; e Lar Gallego de Chile). Foi o impulsor do proxecto Arquivo Sonoro de Galicia no seo do Consello da Cultura Galega e estivo durante trece anos no equipo directivo do IES As Lagoas de Ourense.

Foi colaborador de O Correo Galego, Galicia Hoxe e escribe dous artigos semanais en La Región.

En outubro de 2018 foi nomeado académico correspondente da Real Academia Galega.

Obras Xoaquin Lorenzo Fernández "Xocas". A fidelidade á Galicia soñada (2004). Ir Indo Ed. ISBN 978-8476804995. Xoaquín Lorenzo (1907-1989). Unha fotobiografía (2004). Xerais. ISBN 9788497821797. Danse lido (2014). El Cercano. Selección de artigos. Ramón Otero Pedrayo, Unha fotobiografía 1888-1976 (2014). Con Patricia Arias Chachero."Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía 1888-1976, de Patricia Arias Chachero e Afonso Vázquez Monxardín", recensión de Ramón Nicolás no Caderno da Crítica, 12 de decembro de 2014. Fundación Otero Pedrayo. XXIII Conferencia Anual Plácido Castro, Allariz, 25 de xaneiro de 2022: As emisións en galego da BBC e Plácido Castro (2022). Fundación Plácido Castro. ISBN 9788409404117.

Libros colectivos

Galicia, de Nós a nós (2020). Coord. e textos no catálogo da exposición homónima, xunto con Ana Acuña.

Editor

Primitivo Rodríguez Sanjurjo y su eplistolario con Otero Pedrayo (2016) Con Patricia Arias Chachero. Deputación Provincial de Ourense ISBN 978-84-92554-95-9. Ofrenda lírica á nena Silvia Santiago Conde no día da súa primeira comuñón. 7 de setembro de 1960 (2017). Con Patricia Arias Chachero. Consello da Cultura Galega. ISBN 978-8492923854.Os cronistas oficiais de Ourense a través das actas municipais e a "Crónica do vivir xornaleiro" de don Ramón Otero Pedrayo (2018)"Vázquez-Monxardín: «Otero, Risco e Cuevillas foron os tres grandes cronistas de Ourense»", entrevista en La Región, 25 de abril de 2018.. Concello de Ourense. ISBN 9788417482008. Afonso X o sabio e Ourense, de Alfredo Cid Rumbao (2021). Introución, anotación e edición. Deputación Provincial de Ourense. El cancionero del Miño. Leyendas y tradiciones de Orense, de V. Lamas Carbajal  (2022). Deputación Provincial de Ourense. Limiar.

Traducións

Beckman, Thea (1991). Ediciones SM, Vigo, ed. Cruzada en vaqueiros. p. 238. ISBN 84-348-3443-X

Recoñecementos Premio Ourense de Contos para a Mocidade, 1987. Premio Aurelio Carracedo de xornalismo da Deputación de Ourense, 2009. Premio Carlos Casares de Xornalismo Literario, Concello de Xinzo, 2017

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Grupo Marcelo Macías Ligazóns externas en Galegos.info.

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1960 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Profesores de educación secundaria