A lingua galó é unha lingua romance (polo tanto, derivada do latín) pertencente ao grupo galorrománico, subgrupo de oïl. Algúns lingüistas tamén a denominan britorromance. Xunto co bretón, da familia das linguas celtas, o galó é unha das dúas linguas propias da Bretaña.
O galó fálase tradicionalmente na parte oriental da Bretaña (nos seus límites históricos), así como en boa parte do departamento de Mayenne e no noroeste do de Maine-et-Loire (Alto Anjou). O galó está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Dentro do dominio de oïl, o galó encádrase tipolóxica e xeograficamente na súa área occidental e, polo tanto, comparte numerosas características co normando e o pictevino-santonxés.
Comparativa léxica miniatura|Sinal en galó no metro de Rennes GalegoBretónGalóFrancésabellagwenanennavèttabeillecadeirakadorchaérrchaisequeixoformajfórmaijfromagesaídaer maezdesortsortiecaerkouezhañcheirtombercabragavrbiqchèvrecasatiostèumaisonbeizogweuzliplèvrebocagenougóllbouche (gueule)númeroniverlimerotnuméroperaperennpeirrpoireescolaskolescollécoleesquíokazh-koadchat-de-boézécureuilestrelasteredennesteillétoilehorariotaolenn an eurioùoryaerhorairefumarmougañbetunaefumerhoxehizivanoetaujourd'huiasubiar/chifrarc'hwibanañsublaesiffler
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20051220185233/http://www.bertaeyn-galeizz.com/ https://web.archive.org/web/20051222082526/http://a-demorr.ht.st/ http://www.maezoe.com/ https://web.archive.org/web/20050914212232/http://www.celtia.info/culture/languages/gallo.html
Categoría:Linguas de oïl Categoría:Linguas de Francia