María José Ares Casal, nada en Melide o 20 de abril de 1948, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria Filla de José Ares Lois. Foi directora do colexio Barrié de la Maza. Foi concelleira de Santa Comba polo PPdeG dende as eleccións municipais de 1991 e foi responsable de Cultura e Educación en tres lexislaturas, sendo posteriormente responsable de Educación e Asuntos Sociais. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 1993. En maio de 2009 foi expulsada do PPdeG por non apoiar ao independente Miguel Pérez Fernández como alcalde na moción de censura de febreiro de 2008. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura de Terra Galega e foi elixida concelleira. En 2015 abandonou a política.La Voz de Galicia, Santiago, 7-4-2015, p. L9.
A Mesa do Parlamento acordou, por unanimidade, concederlles a Medalla do Parlamento de Galicia 2026 ás nove deputadas autonómicas da IV Lexislatura que hai trinta anos participaron na Conferencia Mundial da Mulller celebrada en Beijing (entre elas María Xosé Ares Casal), así como á exconselleira e deputada Manuela López Besteiro.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Santa Comba
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Concelleiros de Santa Comba Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Melide Categoría:Nados en 1948 Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia