María del Valle Lozano, coñecida como María de Beiro, nada en Ourense en 1888 e finada en Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia) o 29 de outubro de 1937, foi unha política galega.

Traxectoria Nai de Manuel Gómez del Valle, colaboradora de obras benéficas e relixiosas, estaba afiliada ao PCE. Foi detida en 1937 por pedir a conmutación da pena capital para o seu fillo. Internada no cárcere de Celanova, de onde foi sacada para ser asasinada en Mosteiro de Ribeira o 29 de outubro de 1937 canda Salud Torres Díaz. Esnaquizáronlle o cerebro ao ser fusilada. O seu cadáver apareceu en Lomba de Lamas e foi trasladado ao cemiterio nun carro polos veciños.

En xullo de 2019 a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica iniciou a recuperación dos seus restos.Inician a exhumación de dúas mulleres galegas asasinadas pola ditadura franquista Recoñecementos Antón Tovar dedicou o conto “A grande ilusión" a Manuel Gómez del Valle e á súa nai María. Claudio Rodríguez Fer escribiu o poema “O terror en carro de vacas” que rememora os asasinatos de María e Salud.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas María del Valle Lozano Buscarán a las mártires de Xinzo de Limia, asesinadas en 1937: María del Valle Lozano y Salud Torres Díaz

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1937